GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A garda civil atendeu a 10.714 inmigrantes en 2012

(04/02/2013)

A garda civil atendeu a 10.714 inmigrantes en 2012

lainformacion.com

sábado, 02/02/13

Os Equipos de Atención ao Inmigrante (Edati) da Garda Civil atenderon ao longo do ano 2012 a un total de 10.714 inmigrantes, entre eles a 453 menores de idade. Os axentes deste grupo dedícanse a orientar e informar aos inmigrantes sobre os dereitos que lles asisten e as actividades que promovan a súa integración, así como facilitarlles a tramitación da documentación para regularizar a súa situación en España.

A maior parte dos asistidos eran homes, maiores de idade e de nacionalidade magrebí, seguidos polos cidadáns oriundos de países do Leste e os procedentes de Sudamérica.
O balance das actuacións levadas a cabo polos Edati durante o pasado ano mostra que, das case 12.000 actuacións levadas a cabo nesta materia, a metade tiveron lugar na provincia de Huelva, seguida por Almería.
Máis de 11.200 destas actuacións practicáronse por iniciativa propia dos axentes. O resto tivo lugar a raíz dunha denuncia motivada pola colaboración cidadá. Estes equipos da Garda Civil constituíronse no ano 2000 co fin de satisfacer as necesidades de protección dos dereitos dos inmigrantes, sobre todo en materia de seguridade. Inténtase que os axentes sexan coñecidos polo sector de poboación inmigrante e que estean en contacto permanente con el.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas