GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda mantivo unha primeira toma de contacto coas entidades galegas en Cataluña

(18/01/2013)

Miranda mantivo unha primeira toma de contacto coas entidades galegas en Cataluña

Antonio Díaz, Barcelona -Crónicas da Emigración -17 Xaneiro 2013 -


Rodríguez Miranda, durante la reunión con los presidentes de los centros gallegos en Cataluña.

Rodríguez Miranda, durante a reunión cos presidentes dos centros galegos en Cataluña.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse este mércores cos presidentes das casas e centros galegos en Cataluña. A cita tivo lugar no Hotel Silken Ramblas de Barcelona, coa asistencia da totalidade de presidentes das entidades galegas en Cataluña que teñen recoñecida a "Galeguidade" ou ben o recoñecemento como centros colaboradores da Xunta de Galicia.

O encontro foi unha primeira toma de contacto do novo responsable de Emigración coa colectividade galega en Cataluña para compartir cos seus representantes un momento de reflexión e debate sobre o futuro destas entidades, así como transmitirlles as principais liñas de actuación do Goberno galego en materia de emigración para este mandato, recentemente comezado. Rodríguez Miranda propúxolles a necesidade de abrir un proceso de reflexión común sobre a necesidade de emprender accións encamiñadas a afrontar un proceso de unión das entidades galegas en Cataluña, ou polo menos a unificación de eventos, para o que lles transmitiu o apoio do seu departamento para proxectos comúns que vaian encamiñados a xuntar e non a dispersar.

Neste primeiro encontro non houbo moito máis que boas intencións por parte de todos. Os presidentes das entidades déronlle a benvida ao novo secretario xeral e ofrecéronse a colaborar nesta idea común, así como noutros proxectos que fagan que as entidades poidan superar a situación actual. Ao final, comprometéronse a seguir traballando nesta idea que, parece ser, todos a ven con bos ollos. Xa se verá deica pouco si se superan certos rancores, parece ser persoais, que fan que nestes momentos as entidades galegas en Cataluña están máis divididas que nunca.



Entidades asistentes

Á reunión co secretario xeral asistiron representantes das seguintes entidades galegas en Cataluña: Centro Galego de Barcelona, Centro Galego de Lleida, Centro Galego de Tarragona, Centro Galego Nós de Sabadell, Casa Galega de Hospitalet, Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá, Agrupación Galega Agarimos de Badalona, Agrupación Cultural Galega Cova de Serpe de Barcelona, Irmandade Galega de Rubí, Agrupación Cultural Galega Saudade de Barcelona, Agrupación Cultural Alborada da LLagosta, Amigos dá Gaita Toxos e Xestas de Barcelona, Irmandade Galega de Mollet, Irmandade Galega A Nosa Galiza de Santa Coloma, Irmandade Galega de Terrasa, Irmandade O Bota Fumeiro de Sardañola e o Foro de Terra Galega de Barcelona.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas