GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 200 estranxeiros estudan carreiras en Lugo este curso

(11/01/2013)

Máis de 200 estranxeiros estudan carreiras en Lugo este curso

O novo programa Ciencia sen Fronteiras atraeu a 89 brasileiros

Autor:
Laura López
Localidade:
Lugo / La Voz
Data

Máis de douscentos estudantes estranxeiros, de distintos puntos do planeta, cursan estudos este ano no campus de Lugo. A novidade esta edición é a posta en marcha do programa Ciencia sen Fronteiras, de intercambio con Brasil, que empezou a funcionar este curso a nivel de toda España. Por medio desta iniciativa este ano chegaron ao campus de Lugo 89 estudantes brasileiros. A idea é repetir a iniciativa o próximo ano.

Á marxe deste programa novo, a cifra de estranxeiros que chegan ao campus mantívose relativamente estable nos últimos anos, segundo explica Ann Forryan, da oficina de Relacións Exteriores da USC no campus lucense. «Non varía moito, temos a uns cincuenta europeos cada ano a través do Erasmus, de vinte países diferentes, que adoitan quedar o curso enteiro, a uns 35 estudantes cada cuadrimestre de convenios bilaterais con Latinoamérica, ademais dunha vintena de persoas de programas como o Erasmus Mundus, con docentes e estudantes doutros continentes», manifestou Forryan.

A estes habería que sumar os estudantes que chegan doutras partes de España, coas bolsas SICUE.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas