GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Algunhas comunidades facturan as urxencias a inmigrantes

(11/01/2013)

Algunhas comunidades facturan as urxencias a inmigrantes

MÉRCORES, 09 XANEIRO 2013

tarjeta sanitariaPese a que o real decreto-lei 16/2012 do Goberno central garante a atención en Urxencias dos inmigrantes irregulares, cada día coñécense casos de comunidades autónomas que facturan aos estranxeiros pola asistencia sanitaria urxente, incluídas embarazadas e menores de idade.


Un exemplo é o ocorrido en Aragón, un caso que foi denunciado pola organización Médicos do Mundo. Alí detectáronse 25 casos de inmigrantes aos que se lles facturou a asistencia sanitaria en centros de saúde de Zaragoza entre setembro e decembro de 2012.

Algúns dos afectados son nenos e embarazadas que, segundo o real decreto, teñen dereito á mesma atención que os cidadáns españois. Estes cobros débense principalmente á confusión existente entre os profesionais sanitarios.

Como estes casos son só os que acudiron a denunciar a situación á organización en Aragón, é moi probable que existan moitos máis que non dean o paso de pedir axuda ou asesoramento. A maioría dos afectados son de orixe africana.

Pero esta situación tamén se produce en comunidades que crearon fórmulas específicas para ofrecer atención sanitaria a inmigrantes irregulares, aínda que cumprindo certos requisitos. Segundo informa a web Noticias de Navarra, na comunidade foral tamén se facturou a atención recibida en Urxencias do Complexo Hospitalario de Navarra. Pese a que este servizo é gratuito para este colectivo, entrégaselles unha carta de prefacturación tras ser atendidos, algunhas por importe de 300 euros.
En Andalucía, unha comunidade que anunciou que non aplicaría a normativa impulsada polo Ministerio de Sanidade, tamén houbo algúns problemas. Ata decembro eran máis de 40 as reclamaciones, das cales máis de 30 xeráronse na provincia de Málga, segundo a Plataforma Solidariedade cos Inmigrantes. E é que se emitiron facturas por importes que van dos 400 aos 24.000 euros e, noutros casos, esixíronselles requisitos arbitrarios ou se lles derivou ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

O real decreto-lei 16/2012 retirou a tarxeta sanitaria aos inmigrantes irregulares o pasado 1 de setembro en todo o país. Deste xeito, quedaban excluídos da atención primaria e só podían ser atendidos nos servizos de urxencias por enfermidade grave ou accidente. A excepción son as embarazadas, que teñen atención gratuita tanto durante o embarazo, parto e postparto, e os menores de idade.www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas