GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Organización Internacional das Migracións aconsella a xestión da emigración cualificada

(05/12/2012)

A Organización Internacional das Migracións aconsella a xestión da emigración cualificada

M.L.C., Madrid -Crónicas da Emigración
 05 Decembro 2012


A Organización Internacional das Migracións (OIM) considera necesaria a incorporación á axenda política española da xestión da emigración cualificada mediante políticas transversais de todos os sectores implicados no marco da estratexia nacional de desenvolvemento, crecemento e competitividade. Así o expuxo na recente presentación do informe "A emigración de profesionais cualificados: unha reflexión sobre as oportunidades de desenvolvemento".

Este informe realizado pola OIM pretende pór de manifesto a necesidade de contar con estratexias públicas que aborden dun xeito integral as necesidades que expón a saída de profesionais cualificados españois. O seu interese responde á necesidade de contar cunha ferramenta articulada, sistematizada e organizada que permita coñecer datos e implicacións da actual tendencia de saída de profesionais cualificados.

Segundo a OIM, unha acción pública acertada pode incentivar unha involucración determinante destes profesionais na recuperación económica, na saída da crise e na creación das bases para o futuro modelo de crecemento do país.

Opina que as capacidades coas que conta o país e os lazos lingüísticos, xeográficos e comerciais que unen a España coa maior parte dos países de destino desta emigración son a mellor garantía de éxito dunha acción eficaz que, di, se se produce contemporáneamente aos acontecementos permitirá xerar impactos positivos para todos os implicados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas