GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miras entregou a Medalla de Ouro da Emigración ao Fogar Elías Romeu e ao de Domselaar

(23/11/2012)

Miras entregou a Medalla de Ouro da Emigración ao Fogar Elías Romeu e ao de Domselaar

AFIRMOU EN BOS AIRES QUE "É UN RECOÑECEMENTO" A  TRAXECTORIA DE AMBAS AS RESIDENCIAS PARA MAIORES

Mariana Ruiz, Bos Aire -Crónicas da Emigración
 23 Novembro 2012

Un momento de la entrega de las medallas.
Un momento da entrega das medallas.

O director xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Aurelio Miras Portugal, entregou a Medalla de Ouro da Emigración ao Fogar Galego para Anciáns de Domselaar e Fogar Elías Romeu do Hospital Español de Bos Aires.

A resolución, que leva firma da ministra de Emprego e Seguridade Social de España, Fátima Báñez, destaca o espírito solidario que impulsa a estas dúas institucións no desenvolvemento de actividades de beneficencia, sanidade e de recollemento e amparo aos máis necesitados e destaca o labor e a calidade da atención que prestan aos anciáns emigrantes españois.

Esta condecoración, que recibiron o presidente do Fogar Galego, Rafael Gil Malvido, e o xerente do Fogar Elías Romeu, Leandro Pavón, "é un recoñecemento ao mérito e a traxectoria de servizo que caracteriza a ambas as residencias para maiores", sintetizou Miras Portugal, o mércores 21, na sede da Asociación Patriótica e Cultural Española durante o acto de entrega no que tamén estiveron presentes o embaixador de España, Román Oyarzun; o cónsul xeral, Pablo Barrios; e varios integrantes do corpo diplomático español, así como dirixentes e representantes doutras institucións e organismos arxentinos e españois.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas