GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O alcalde de Vilagarcía de Arousa explica ás e aos alumnos franceses as relacións da vila do Salnés coa emigración

(16/11/2012)

O alcalde de Vilagarcía de Arousa explica ás e aos alumnos franceses as relacións da vila do Salnés coa emigración

 
 
Xoves, 15.11.2012
  • A comitiva do colexio Ségalen de Chateaugirón visitou este luns o Concello.

A comitiva no salón nobre do Concello. Foto: Iñaki Abella.

As e os estudantes franceses da localidade de Chateaugirón que participan nun intercambio educativo con alumnado dos institutos Armando Cotarelo Valledor, Fermín Bouza Brey e Miguel Ángel González Estévez, de Vilagarcía de Arousa, foron recibidos este luns no salón nobre da Casa do concello polo alcalde, Tomás Fole.

O rexedor, acompañado da concelleira de Educación Orballo Llovo, explicou oas alumnos e alumnas e ao seu profesorado as relacións de Vilagarcía coa emigración, que explican a hospitalidade e familiaridade dos vilagarcianos e as vilagarcianas coas e cos visitantes estranxeiros. Como anfitrión, tamén explicou ás e aos estudantes, auxiliado pola tradución ao francés dun dos profesores da comitiva, as características de Vilagarcía e a ría de Arousa, así como os puntos de interese que poden visitar. O acto de recepción oficial no Concello de Vilagarcía finalizou coa entrega de obsequios ás e aos novos visitantes, entre os que figura unha guía turística de Vilagarcía editada en español e en francés.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas