GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Secretario xeral de Emigración Santiago Camba: «O voto rogado foi un erro»

(07/11/2012)

Secretario xeral de Emigración Santiago Camba: «O voto rogado foi un erro»

«Habería que estudar o sufraxio telemático para a diáspora», asegura

Autor:
m. cheda
Localidade:
santiago / a voz
Data

Nos próximos días, Santiago Camba (Vilar de Barrio, 1960) deixará o seu cargo de secretario xeral de Emigración, ocupación pola que cobra máis de 86.000 euros ao ano, para incorporarse á Embaixada de España en Arxentina como conselleiro de Emprego e Seguridade Social. Ese petate faino «satisfeito» e «ilusionado».

-¿Por que deixa o posto? Co seu soldo, moito maior incluso que o do presidente, cuestión de diñeiro non será...

-Moitas veces, o soldo non é o máis importante, priorizas outras cousas. O posto apetecíame, en Buenos Aires xa vivín... E é un labor que coñezo, porque levei a cabo unha similar en Brasília. E sempre é un reto poder asumir responsabilidades no país onde temos fincada a maior colectividade de españois e de galegos de todo o mundo.

-Vaise orgulloso de...

-Sobre todo, de ter traballado nun Goberno que o fixo con moita seriedade en momentos moi difíciles, e de ter ido adecuando a secretaría ás necesidades reais dos galegos no exterior.

-Non terá sido sinxelo traballar con recorte tras recorte nos orzamentos anuais.

-Suprimíronse moitos gastos que considerabamos innecesarios, superfluos, suntuosos. É verdade. Pero se mantiveron todos os programas socioasistenciales, e as axudas aos centros deixáronse case igual. A política consiste exactamente niso, en priorizar e racionalizar orzamentos.

 

-Ao final márchase sen sacar adiante a Lei de Galeguidade.

-Está ultimada xa. Pero antes de aprobala quixemos presentala no Consello de Comunidades Galegas, que foi a finais de xuño, logo meteuse o verán por medio, veu a convocatoria de eleccións... E, en fin, queda lista, moi traballada e completa, para sacala adiante. Facelo uns meses antes ou uns despois tampouco é moi relevante, creo.

 

-Relevante si parece a abstención da diáspora o 21-O: case un 97 %. ¿Foi un erro aquilo do voto rogado que aprobaron en xaneiro do 2011?

-Eu creo que si. Desde Galicia sempre se loitou por un voto garantista, aínda que nunca nos gustou a idea do voto rogado, como dixemos no seu momento. Naquela época xa advertimos do que ía pasar pola súa imposición. Hai que explorar outras vías para que, sempre con todas as garantías legais, voten o maior número posible de cidadáns.

 

-Por exemplo...

-Decidilo é competencia das Cortes Xerais, pero hai moitas posibilidades...

 

-Xa, ¿pero cales?

-Pois, por exemplo, volver a sistemas con garantías, pero suprimindo o rogo do voto [solicitude previa de emisión de sufraxio], ou explorar outros como o voto telemático. Iso habería que estudalo porque nestes momentos as novas tecnoloxías permítennos chegar sen perda de tempo a moitos lugares, un avance que podería favorecer o exercicio do dereito a participar.

 

-¿E vai favorecer ou a prexudicar aos socios a recente intervención do Centro Galego de Buenos Aires? ¿De verdade non temen unha diminución da calidade asistencial?

-A intervención fíxose a petición dos propios socios, dos traballadores e da directiva. Iso ten que quedar claro. A calidade asistencial creo que non se verá afectada.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas