GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os polacos de Galicia celebrarán o sábado unha festa en Santiago para celebrar o seu Día da Independencia

(06/11/2012)

Os polacos de Galicia celebrarán o sábado unha festa en Santiago para celebrar o seu Día da Independencia

O Monte do Gozo acollerá o día 10 un concerto, varios concursos para adultos, actividades infantís e un magosto galego

Autor:
La Voz
Localidade:
Santiago
Data

Este sábado, a partir das 18.00 horas, os polacos que residen en Galicia teñen unha cita no Monte do Gozo de Santiago, sede da propia Asociación Cultural Polonia. Esta entidade busca conmemorar, un ano máis, o Día da Independencia polaca, unha xornada coa que se reivindica que, despois de 123 anos de ocupación polos seus países veciños, o pobo polaco logrou a súa independencia. A pesar de que a estrita data da conmemoración é o 11 de novembro, a asociación decidiu adiantar a festa ao sábado día 10. A cita, que terá lugar nas instalacións do Centro Europeo de Peregrinación (na rúa das Estrellas, 80), ofrece aos asistentes un concerto denominado «Camiño cara á liberdade», varios concursos relacionados con ese país -e destinados tanto a adultos polacos como españois- e varias actividades infantís. A xornada terminará cun tradicional magosto galego.

A asociación promotora do festexo pide aos interesados que confirmen a súa asistencia por email ou por teléfono (981 597 222) ata o día 8 de novembro.

Esta entidade leva desempeñando as súas actividades en Galicia desde o 2006. Ademais de realizar durante todo o ano varios encontros, celebra, unha vez ao mes, reunións e misas en polaco na sede do Monte do Gozo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas