GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pisos para acoller inmigrantes

(31/10/2012)

Pisos para acoller inmigrantes

O Concello cede dúas vivendas a Accem, unha organización solidaria que dispón xa de cinco inmobles para foráneos en risco de exclusión

laopinióncoruña.es 30-10-2012



O alcalde (segundo pola esquerda) e o concelleiro (cuarto), o luns cos e coas responsables de Accem. Foto: La Opinión de A Coruña.


O alcalde (segundo pola izda.) e o concelleiro (cuarto), onte cos responsables de Accem. /13fotos

A Asociación Católica Española de Migracións (Accem) dispón na cidade de dous novos pisos para acoller a inmigrantes con problemas de exclusión, logo dun convenio asinado entre o alcalde e o presidente da entidade. En total, a organización conta con cinco inmobles, nos que a convivencia está regulada por unhas normas que todos os inquilinos deben respectar

PABLO LÓPEZ| A Coruña Cinco pisos na cidade e dous no municipio de Culleredo serven á Asociación Católica Española de Migracións (Accem) para ofrecer un lugar cómodo e seguro no que vivir a preto de 25 persoas en risco de exclusión, na súa maioría inmigrantes. A cifra de inmobles de acollida, que recolle os dous pisos que cedeu onte o Concello á entidade mediante un convenio, é insuficiente para atender a toda a demanda e, por iso, expresaron a súa satisfacción tras o acordo que asinaron o alcalde Carlos Negreira e o presidente de Accem, Pedro Ponte.

"Temos lista de espera. Hai perfís novos, como o dos desafiuzados. A maioría das persoas ás que atendemos son subsaharianos que están na rúa ou que viven amoreados en pisos, aínda que tamén nos chega xente procedente de albergues como o de Pai Rubinos", declara Carmen Vázquez, responsable de Accem en Galicia.

Os que viven nos pisos da organización, segundo informan os membros de Accem, deben asinar un contrato que inclúe unha serie de pautas de comportamento, destinadas a regular a convivencia. "De todos os xeitos, son pisos de autonomía con vixilancia mínima. A xente é maior de idade, ten as súas chaves e entra e sae con liberdade", destaca Carmen Vázquez.

O alcalde da cidade, Carlos Negreira, aproveitou a firma do convenio con Accem para criticar á oposición, que o acusou de propiciar a beneficencia con ese tipo de axudas en lugar de velar polos servizos públicos. "Gustoume que eles fixesen eses esforzos", manifestou.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas