GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta apoia a petición do Centro Gallego de Buenos Aires para que a Administración arxentina interveña o seu hospital

(30/10/2012)

A Xunta apoia a petición do Centro Gallego de Buenos Aires para que a Administración arxentina interveña o seu hospital

 
 
Luns, 29.10.2012
  • Este novo paso facilita avanzar no camiño marcado desde o propio Centro para sanear as contas tralos anos de mala xestión (verán de 2006 a verán de 2009).
  • A nova directiva do Centro e a Xunta desexan a viabilidade do hospital.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia apoia, como xa apoiou no seu momento, a petición do Centro Gallego de Buenos Aires para que a Administración  arxentina encargada do caso do hospital privado dependente dese Centro interveña as contas do centro sanitario. Nese senso, que se teña atendido esta petición debe entenderse como un paso no camiño deseñado polo Centro para facer viable economicamente o hospital.

O obxectivo é sanear as contas dun centro que arrastraba as débedas derivadas dunha mala xestión ata mediados do ano 2009. Cómpre salientar que a atención social e sanitaria aos galegos e ás galegas da diáspora é unha prioridade fundamental para o Goberno galego, pero este ten capacidade de dirección executiva unicamente nos hospitais da rede pública dependente directamente do Servizo Galego de Saúde.

O hospital arxentino, en cambio, é dependente dunha entidade privada, o devandito Centro Gallego de Buenos Aires, aínda que no seu momento foi apoiado pola Xunta a través da extinta Fundación Galicia Salud, e seguirá sendo apoiado para que os galegos e as galegas da diáspora sigan atendidos.

Situación herdada
Ao comezo da anterior lexislatura atópase unha débeda de 130 millóns de pesos arxentinos, debida a unha incorrecta xestión da directiva que daquela rexía os destinos da institución. Esta directiva mesmo realiza unha operación de enxeñería financeira para tapar as cifras reais, situación que se agrava de maneira exponencial na segunda metade de 2006, e ata o verán de 2009. Durante estes tres anos, a débeda estabilizada pasou de 30 millóns de pesos arxentinos, a 130 (o equivalente a 22 millóns de euros). Foi por mor desta irregular situación que a nova directiva do propio centro solicitou a intervención da Administración arxentina, que agora se fixo efectiva.

No aspecto estritamente político, cómpre lembrar que todos os membros representantes do Goberno galego no Padroado da Fundación pertencían ao PSOE. Daquela, sorprende especialmente que, co paso do tempo, sexan representantes do partido que levaron ao hospital do centro a esta situación os que agora se atrevan a criticala.

O actual Goberno galego está facendo todo o posible porque a situación chegue a bo porto. Realízanse reunións moi frecuentes coa actual presidenta do Centro Gallego, que defende, o mesmo que a Xunta, unha xestión verdadeiramente profesional. O hospital, con dez mil persoas asociadas, dos que o 40% son galegos e galegas de idade avanzada, non é o mesmo de antano, cando chegou a ter 110.000 socias e socios novos que non demandaban tantos servizos, e que si pagaban cotas, situación que non sempre se dá agora.

O desexo da actual directiva, o mesmo que o da Xunta, é que o hospital atope, e canto antes mellor, algunha fórmula de xestión que garanta a súa viabilidade, ao tempo que se busca manter ou aumentar a prestación aos galegos e galegas residentes na capital arxentina.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas