GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

"Hai persoas inmigrantes que teñen medo de ir aos ambulatorios"

(09/10/2012)

"Hai persoas inmigrantes que teñen medo de ir aos ambulatorios"

LUNS, 08 OUTUBRO 2012


Senastián Mora

A inmigración e o acceso á sanidade pública dos inmigrantes irregulares está sendo unha nova fronte de traballo para Cáritas España, segundo explicou o secretario xeral da devandita organización humanitaria, Sebastián Mora.



Durante unha entrevista concedida ao programa "Os Almorzos" de TVE, Mora asegurou que "hai persoas inmigrantes que teñen medo de ir aos ambulatorios" e que a outros lles facturan a atención, xerándolles unha débeda que non van a poder pagar. Tamén advertiu que os estranxeiros sen permiso de residencia teñen barreiras para acceder aos medicamentos, polo que se pode xerar un problema de saúde pública.

Como consecuencia, a exclusión sanitaria dos inmigrantes irregulares está xerando un "incremento da angustia e da inxustiza", sinalou. "É curioso como pasamos de ver aos inmigrantes como aqueles que mantiñan o benestar a velos como unha especie de chibo expiatorio do que está pasando", reflexionou. Mora recalcou a importancia de ver aos estranxeiros que viven en España como parte da sociedade.

Ao ser preguntado sobre se entregaban axudas económicas directas ás persoas con menos recursos, Mora confirmou que nos programas de atención primaria existen este tipo de axudas para pagar medicamentos, pero tamén explicou que se destinan a axudas a persoas que non poden pagar a luz ou os libros do colexio dos seus fillos.

Nos últimos cinco anos Cáritas entregou axudas directas por 120 millóns de euros, 33 millóns de euros no último ano. Mora destacou que o 70% dos seus fondos proceden de doazóns privadas e o 30% restante proveñen das administracións públicas. Mentres as primeiras incrementáronse, as segundas  baixaron por mor da crise. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas