GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Comeza en Santiago de Compostela o VI Mandato do CGCEE

(01/10/2012)

Comeza en Santiago de Compostela o VI Mandato do CGCEE

M.L.C., Madrid - 30 Setembro 2012 -

--------------------------------------------------------------------------------

O VI Mandato do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior (CGCCE)comeza o día 1 e 2 de outubro en Santiago de Compostela, no Palacio de Exposicións e Congresos da capital galega, onde se celebra o seu I Pleno. Será o terceiro pleno que o Consello Xeral celebra en Galicia, a comunidade con maior número de emigrantes. Haberá cambio de presidente pero a lóxica expectación que isto produce quedou resolta coa primicia ofrecida o pasado día 27 por "Crónicas da Emigración" anunciando que a persoa que proporá a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, será José Manuel Castelao Bragaña.

No entanto, o protocolo do cambio na Presidencia tamén será novo. Será a primeira vez que o anterior presidente, Francisco Ruiz, neste caso, exerza de presidente en funcións ata que se produza a substitución; trala preceptiva votación.

Na orde do día do pleno destaca, aparte da elección do presidente, a consideración de reformar o Regulamento de funcionamento do Consello Xeral nalgúns puntos.

A proposta da orde do día elaborada pola Dirección Xeral, que incorporou algúns puntos sobre o primeiro borrador, comeza pola entrega de acreditacións e a aprobación, no seu caso, desa orde do día proposta e continúa coa aprobación, no seu caso, da Acta da reunión do V Pleno do V Mandato, a presentación do Informe do Presidente en funcións do Consello e a presentación pola súa banda dos conselleiros xerais, electos e designados.

Segue a votación e, no seu caso, aprobación da proposta da ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Bañez, de designación de presidente do Consello para o VI Mandato; a proclamación do presidente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior para o VI Mandato; o saúdo do novo presidente do Consello; e os correspondentes informes dos vicepresidentes do Consello, a secretaria xeral de Inmigración e Emigración e o subsecretario do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, logo de que está previsto un tempo de debate.

O traballo continuaría, despois do xantar, coa intervención dos representantes das comunidades autónomas. A continuación ten prevista a presentación da proposta de modificación do Regulamento de funcionamento do Consello e o seu consecuente debate, co que remataría a primeira xornada.

Para o martes, día 2, o programa de traballo proposto contempla, pola mañá, a elección dos integrantes das Comisións Delegadas e da Comisión Permanente do Consello, un tempo para o traballo en comisións, sendas mesas redondas nas que intervirán expertos en temas asistenciais e de dereitos civís, o Informe da Secretaría do Consello e un tempo de debate. 

Despois do xantar, contémplase a intervención dos representantes dos grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados e un punto para rogos e preguntas previo ao acto de clausura do pleno.

cronicasdelaemigracion.com:

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas