GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Sergas continúa atendendo ás persoas 'sen papeis'

(28/09/2012)

O Sergas continúa atendendo ás persoas 'sen papeis'

 
,
Xoves, 27.09.2012

Servizo Galego de Saúde.

Neste mes de setembro, o Sergas atendeu a case dúas mil persoas en situación de irregularidade, que quedaron sen tarxeta sanitaria coa entrada en vigor do novo Real Decreto, pero ás cales o Goberno galego asegura que seguirá cubrindo.

A Xunta de Galicia deu a coñecer a documentación que terán que presentar as persoas inmigrantes en situación irregular que residen en Galicia para acollerse ao Programa de Proteccion Social de Saúde Pública, que lles ofrece a mesma cobertura que a tarxeta sanitaria. O máis importante é que todos os certificados que non poidan conseguirse poderán substituírse por un informe da ou do traballador social, no que se constate que cumpre os requisitos. O único que deberá presentar obrigatoriamente é a solicitude e un documento identificativo.

Actualmente hai en Galicia nove mil 'sen papeis', que ata o 1 de setembro tiñan tarxeta sanitaria por estar empadroados dende había meses, e quedaron sen ela coa entrada en vigor do novo real decreto. O presidente da Xunta, Nuñez Feijoo, comprometeuse a dar asistencia sanitaria ás persoas inmigrantes sen papeis polo grave problema demográfico que sofre a comunidade e porque, segundo el, o nivel de déficit permite non acometer axustes que si se tiveron que levar a cabo noutras comunidades autónomas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas