GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vigo. Brasil achega a cuarta parte dos alumnos estranxeiros da Universidade

(19/09/2012)

Brasil achega a cuarta parte dos alumnos estranxeiros da Universidade

Filoloxía é a carreira que máis atrae, seguida de Económicas e Industriais

Autor:
maría jesús fonte
Localidade:
vigo / a voz
Data

Máis dun centenar dos 400 alumnos estranxeiros matriculados este ano na Universidade de Vigo proceden de Brasil. A cifra disparouse grazas á posta en marcha do novo programa Ciencia sen Fronteiras con Brasil, do que proceden o 85 % dos estudantes cariocas. A estes súmanse os bolseiros acollidos a convenios bilaterais subscritos entre a institución académica e os seus respectivos centros de orixe. Este tipo de acordos facilitou tamén a chegada de alumnos de países como México, Chile, Uruguai e incluso Taiwan.

A maioría dos alumnos, boa parte do programa Erasmus, cursarán os seus estudos no campus de Vigo, en concreto, 294, mentres que en Pontevedra o farán 53 e en Ourense 51. Aos anteriores haberá que sumar os que inicien os estudos en xaneiro para cursar o segundo cuadrimestre.

Ao desembarco masivo de alumnado brasileiro séguelle o de Alemaña e Italia, que son as nacionalidades máis repetidas.

En xeral, o número de estudantes estranxeiros descendeu con relación ao pasado ano, cando sumaron 427. Ademais de alemáns e italianos, destacaban entón os procedentes de Corea, Senegal e Taiwan.

Un ano máis a Facultade de Filoloxía e Tradución é, con 127 alumnos, a máis cosmopolita, aínda que ten 25 menos que o curso anterior. Todos os centros contan con algún estudante estranxeiro, segundo destacou a técnica de Relacións Internacionais, Eva Garea, quen sinala como unha das prioridades do seu departamento que os alumnos coñezan Galicia. Para iso programaranse diferentes actividades culturais en colaboración coa asociación Erasmus Student Network.

Os estudantes recibiron onte a benvida nos campus de Vigo e Pontevedra, mentres que no de Ourense serán agasallados hoxe. Durante a recepción oficial tiveron ocasión de coñecer os servizos, instalacións e actividades da Universidade de Vigo, así como de recibir o agradecemento por elixir esta institución para completar a súa formación, do que se encargou o vicerreitor de Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias. «Poucas veces reúnense nun lugar presentas de tantas nacionalidades», comentou.

Un dos aspectos decisivos para a elección de Vigo por parte dos estudantes estranxeiros é a súa inclusión no ránking de Shanghái, o que supón estar entre as cincocentas mellores universidades do mundo.

O feito de que esta clasificación prime a investigación sobre a docencia é unha das bazas a favor da institución viguesa, fronte ás que pon máis énfase nos estudos de humanidades.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas