GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O CIM de Vilagarcía incorpora un servizo de teletradución a 51 idiomas

(10/09/2012)

O CIM de Vilagarcía incorpora un servizo de teletradución a 51 idiomas

 
 
Venres, 07.09.2012
  • Ofrecido sen custo pola Secretaría Xeral da Igualdade, mellora a atención ás mulleres e ás vítimas de violencia de xénero inmigrantes, facilitando unha comunicación verbal máis eficaz.
 
 
  •  
    A secretaria xeral asina o convenio coa rexidora de Vilagarcía para o servizo de teletradución no Centro de Información á Muller
  • A secretaria xeral asina o convenio coa rexidora de Vilagarcía para o servizo de teletradución no Centro de Información á Muller
  • O Centro de Información á Muller de Vilagarcía (Pontevedra) incorpora desde onte un servizo de teledradución a 51 idiomas para mellorar a atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes, que ofrece sen custo a Secretaría Xeral da Igualdade, en virtude do convenio asinado na mañá de onte pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a alcaldesa en funcións, Marta Rodriguez Arias. No acto, celebrado nas instalacións do CIM da localidade, unha usuaria de orixe marroquí tivo a oportunidade de participar nunha demostración das aplicacións do sistema.

    Coa adhesión ao sistema do CIM de Vilagarcía, son xa un total de 56 dos 80 CIMs que hai nas catro provincias de Galicia os que prestan esta atención multilingüe para mulleres estranxeiras, á que aínda poden adherirse os restantes centros que ata o de agora non o fixeron.

    A Secretaría Xeral da Igualdade ofrece este servizo de teletradución aos CIMs, ás casas de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero e ás entidades e ONGs que asisten a mulleres vítimas de trata ou de violencia de xénero, sendo un total de 67 entidades as que incorporan en Galicia este sistema.

    O obxectivo do servizo, cuxo custo asume íntegramente Igualdade, é dar resposta á diversidade poboacional derivada da inmigración e asegurar unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua. Segundo datos do IGE correspondentes a 2010, en Galicia había 109.670 persoas estranxeiras, 54.447 mulleres e 55.223 homes.

    Unha comunicación verbal eficaz, determinante nos casos de violencia de xénero
    Estas novas características poboacionais derivadas da inmigración motivaron á Administración autonómica a mellorar as técnicas para unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua. A teletradución está pensada para dar apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia, e ten entre as principais vantaxes reducir o estrés producido pola barreira idiomática e facilitar unha comunicación verbal máis eficaz, que resulta determinante nos casos de consulta por violencia de xénero.

    A través da plataforma de teletradución, estas mulleres teñen a seguridade dun acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico. O sistema permite ás usuarias comunicarse telefónicamente cunha intérprete, desde calquera centro no que se atopen, ben sexa un CIM, unha casa de acollida ou calquera entidade adherida; así como o establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da entidade e a intérprete.

    Chino, árabe e romanés, os máis demandados no conxunto de Galicia
    Chino mandarín, árabe e romanés son os idiomas máis demandados durante o primeiro semestre nas entidades que xa contan non este servizo de atención multilingüe, que foi utilizado nese periodo por 82 usuarias. Foron maioritariamente mulleres inmigrantes residentes na Coruña as que se comunicaron a través da plataforma de teletradución, un total de 50; seguidas de residentes en Pontevedra, onde se contabilizan 18 usuarias; Lugo con 10 usuarias e Ourense con 4.

    No conxunto de Galicia, foi demandada atención en 15 idiomas diferentes. Amais dos tres citados, tamén se atendeu entres outros, en wolof, polaco, chino cantonés, tailandés e marroquí, do total dos 51 idiomas dispoñibles no sistema. O cómputo total do tempo de conversa mantido nas diferentes linguas supera as 25 horas nos seis primeiros meses do ano.

     

     

    Novas e Actualidade


    Titulares
    Histórico


     ACTIVIDADES

    Abril 2024
    LMMeXVSD
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    2930     
           



     AREA DE TÉCNICOS

     Usuario:
     Contrasinal:
     

     
    ¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

    OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

    (c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
    FEGAMPinmigracion@fegamp.es
    Xunta de Galicia

    Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas