GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Golpean e deixan practicamente sen casa a dous emigrantes en Buenos Aires

(31/07/2012)

Golpean e deixan practicamente sen casa a dous emigrantes en Buenos Aires

Os asaltantes, que sorprenderon ao matrimonio mentres durmía, esnaquizaron a casa en busca de diñeiro

Autor:
agustín bottinelli
Localidade:
bos aires / correspondente
Data

Outro inmigrante galego foi vítima da terrible onda de inseguridade que viven os arxentinos. Emilio Sangil naceu o 23 de xuño de 1929 en Lourido Grande, Lugo. O mes pasado celebrou xunto á súa muller, María Cristina, e os seus fillos, Emiliano e Ximena, o seu 83 aniversario, onde volveu recordar a súa chegada a Buenos Aires en 1950.

A madrugada do luns, máis exactamente ás tres e media, cinco homes e unha muller entraron na súa vivenda, situada nos altos do bar O Galego, propiedade de Sangil e un dos sitios tradicionais da cidade.

Dentro da casa os individuos sorprenderon ao matrimonio mentres durmía. «quedaron catro horas [contou María Cristina a La Voz] e a medida que pasaba o tempo e non atopaban diñeiro púñanse máis furiosos. A min déronme sete golpes na cabeza e unha das veces pegáronme cun desaparafusador».

Emilio non se salvou da malleira. Conta o horror vivido e explica: «Buscaron na biblioteca uns libros moi grandes de medicamento e dábanme na cabeza co lombo unha e outra vez e pedíanme diñeiro. Logo déronse conta de que a miña filla Ximena estaba arriba e iso foi terrible, ameazaron con que a ían secuestrar. Pedinlles por favor que non lle fixesen dano e por sorte non a tocaron».

«Romperon todo [detalla a esposa de Emilio], arrincáronnos o depósito da auga do baño, esnaquizaron as portas dos mobles. Os que buscaban diñeiro levantaban ata as táboas de madeira do piso», concluíu.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas