GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Coruña volve ser emigrante

(23/07/2012)

A Coruña volve ser emigrante

Durante o primeiro semestre do 2012, foise máis xente da que chegou

O transfondo de case todos os casos é a insoportable crise, pero o perfil do novo emigrante é difícil de definir, xa que varía bastante. Hainos novos que se van de casa por primeira vez, pais de familia que pensaron que o seu regreso a casa era xa definitivo e tiveron que volver marcharse, ou estranxeiros que chegaron á Coruña en busca de traballo e, visto o panorama actual, prefiren volver ao seu país de orixe.

Segundo Diego Varela, doutor pola London School of Economics e profesor asociado á Universidade da Coruña, estas cifras «poden ter efectos moi graves, xa que representan unha perda de capital humano para a provincia». Aínda que Varela cre que non bastan os datos destes últimos anos para catalogar á Coruña como unha provincia emigrante, «a recesión en provincias como A Coruña é máis grave que en Madrid ou Barcelona. Están a deteriorarse as condicións de vida e isto pode acabar significando unha prohibición de traballar, especialmente para os máis novos», afirma Varela.

Incidindo no problema do paro xuvenil, o profesor cre que agora a xente «está disposta a superar as barreiras existentes -idiomáticas, culturais ou familiares-» en busca dun futuro mellor.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas