GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O presidente da Deputación de Pontevedra agradece o labor do Fogar Galego de Domselaar a favor dos emigrantes maiores con menos recursos

(13/07/2012)

O presidente da Deputación de Pontevedra agradece o labor do Fogar Galego de Domselaar a favor dos emigrantes maiores con menos recursos 

 

Rafael Louzán recibiu ao presidente da entidade que acolle a 30 persoas orixinarias de concellos pontevedreses, Rafael Gil Malvido

E.E. 11 de XulLo de 2012


Rafael Louzán e Rafael Gil Malvido.

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, agradeceu o martes 11 de xullo o labor que está realizando o Fogar Galego de Domselaar de Bos Aires, onde se presta atención e coidados a 130 persoas maiores sen recursos, dos cales 30 son de diferentes concellos da provincia de Pontevedra.

Louzán fixo estas declaracións logo de reunirse co presidente do centro, o cangués Rafael Gil Malvido, que visitou ao presidente da Deputación para darlle conta da marcha do centro e agradecer a colaboración que esta institución mantén todos os anos co Fogar.

Gil Malvido subliñou que máis que unha residencia, o centro é "un verdadeiro fogar, onde están os avós e as avoas e onde podemos atendelos grazas a Galicia, a Pontevedra, A Coruña e algo tamén ao Goberno central".

Neste sentido, Rafael Louzán incidiu na boa atención que se presta no centro, indicando que "sabemos que hai unha atención extraordinaria para con esas persoas que son pontevedreses como nós pero que por diversos avatares da vida non tiveron a sorte que outros e están neste centro que lles dá cobertura e dálles todo o que lles falta".

O Fogar galego foi fundado en 1943 e o seu obxectivo é dar amparo ás persoas maiores que se atopan en situación de desprotección. Está situado en Domselaar, en Bos Aires, o que lle permite dispor dun amplo espazo no medio do campo para que as persoas atendidas gocen dunha vida o máis parecida posible á dun fogar.

"É un hotel catro estrelas no medio do campo, con vacas leiteiras, ovellas, galiñas, horta" onde os avós e as avoas compiten a ver quen saca o mellor tomate. Iso para eles é a mellor aspirina que lles podemos dar", asegura Rafael Gil.

Así mesmo, contan con asistencia médica, alimentación e vestido, así como outros servizos. Unha atención que, en palabras de Rafael Louzán, é posible grazas "a Rafael Gil e a un equipo directivo magnífico, que dedican parte do seu tempo de xeito altruísta a coidar ás persoas maiores".

Este labor mereceulle o recoñecemento da Deputación Provincial que, ademais da achega anual que cada ano destina a este centro, en 2005 concedeulle o Premio Entreculturas, dotado con 6.000 euros.

Mensaxe de esperanza

Finalmente, Rafael Gil Malvido quixo lanzar unha mensaxe de esperanza para Galicia e España, recalcando que aquí se están facendo as cousas ben" e aínda que "sei que anda dura a cousa, pero máis dura témola alá e os galegos e españois sabemos saír adiante. Dentro dun par de anos vostedes van estar ben", asegurou.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas