GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo salienta que o anteproxecto de Lei da galeguidade reforza a orientación económica das entidades galegas, conscientes do seu papel na internacionalización da economía galega e fomenta a unión para facelas máis útiles

(29/06/2012)

Feijóo salienta que o anteproxecto de Lei da galeguidade reforza a orientación económica das entidades galegas, conscientes do seu papel na internacionalización da economía galega e fomenta a unión para facelas máis útiles

 
 
Xoves, 28.06.2012
  • Asegura que nela terán cabida as inquedanzas, desexos e aspiracións da Galicia universal “á que queremos darlle pulo”.
  • Incide en que esa Galicia universal non será forte con asociacións que meramente sobreviven, senón con comunidades asentadas en institucións que dean respostas aos problemas e retos de hoxe.
  • Destaca que a galeguidade que representan as comunidades galegas ten un importante peso económico, que se demostra nas asociacións empresariais galegas que traballan en Arxentina, Uruguai, Brasil, Panamá, Costa Rica, Venezuela, Portugal, Andorra, País Vasco, Madrid e Cataluña.
  • Resalta que Galicia é berce de multinacionais e punto de destino de multinacionais e refírese a Inditex, “un milagre con selo de galeguidade”, ou ao acordo asinado coa compañía mexicana Pemex para realizar diversas inversións en Galicia, como exemplos.
  • O titular da Xunta afirma que o anteproxecto de lei ten como obxectivo fundamental, tamén, actualizar e regular a participación das novas entidades que xurdiron nestes últimos 30 anos, con especial atención a fomentar a participación da xuventude e da muller no mundo da galeguidade.
 
 
  • O titular da Xunta presidiu o acto de inauguración do X Consello de Comunidades Galegas. Foto: Xoán Crespo.
    O titular da Xunta presidiu o acto de inauguración do X Consello de Comunidades Galegas. Foto: Xoán Crespo.
  •  
     

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou, hoxe, que o Anteproxecto de Lei da Galeguidade reforza a orientación económica das entidades galegas, conscientes de que teñen un papel na internacionalización da economía galega, e fomenta os procesos de unión ou fusión das comunidades e entidades galegas, “porque estamos convencidos de que a través da cooperación sobrevivirán no tempo, serán máis útiles para os galegos e serán máis útiles para os seus propios socios”. Así mesmo, destacou que o documento ten un terceiro obxectivo: actualizar e regular a participación das novas entidades que xurdiron nestes últimos 30 anos, con especial atención a fomentar a participación da xuventude e da muller no mundo da galeguidade.

Durante o acto de inauguración do X Consello de Comunidades Galegas, o titular da Xunta asegurou que nela terán cabida as inquedanzas, desexos e aspiracións da Galicia universal “á que queremos darlle pulo”. “Esa Galicia universal non será forte con asociacións que meramente sobreviven, senón con comunidades asentadas en institucións que dean respostas aos problemas e retos de hoxe. Temos nas nosas mans unha ferramenta de extraordinario valor no mundo actual. Saibamos actualizala e utilizala”.

Feijóo aseverou que a galeguidade que representan as comunidades galegas ten un inmenso valor sentimental, un enorme caudal humano e un importante peso económico, que se demostra nesas asociacións empresariais galegas que traballan en Arxentina, Uruguai, Brasil, Panamá, Costa Rica, Venezuela, Portugal, Andorra, País Vasco, Madrid e Cataluña.

Así mesmo, subliñou que a Galicia universal non é cousa do pasado, “é cousa do futuro”, e afirmou que para que esa Galicia supraterritorial que está alí onde hai un galego aproveite os novos tempos, ten que contemplar as novas fórmulas de asociacionismo, e afrontar o reto da unidade. “As redes sociais, as fórmulas de cooperación xuvenil, as novas organizacións solidarias, son fenómenos aos que a nova galeguidade non pode estar allea. Non o está, pero é necesaria unha implicación incesante que manteña o vencello coas novas xeracións que queren participar, co seu estilo, no seu proxecto de país”.

O responsable autonómico manifestou que esa galeguidade que pode estar en todas partes é hoxe un inmenso tesouro que temos que aproveitar; “unha inmensa vantaxe que poucos pobos posúen”. “Non é pura retórica. Galicia é berce de multinacionais e punto de destino de multinacionais”, aseverou, logo de referirse a Inditex, “un milagre con selo de galeguidade”, e ao acordo asinado coa compañía mexicana Pemex para realizar diversas inversións en Galicia, “un acordo que demostra que a cuarta petroleira do mundo confía en nós, pero non ignoro igualmente que o vencello de México cos galegos inflúe de xeito decisivo”.

Feijóo concluíu lembrando as palabras coas que Vicente Risco adoitaba reprender a aqueles que dicían que Galicia é pequena: “«Galicia é un mundo», replicaba. Dicíao hai moitos anos, pero esa afirmación segue a ter vixencia a estas alturas do século XXI”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas