GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de medio millón de inmigrantes nacionalizados dende 2006

(25/06/2012)

Máis de medio millón de inmigrantes nacionalizados dende 2006

Luns, 25 de Xuño de 2012

DNIDende 2006 aprobáronse 536.199 nacionalizacións de cidadáns estranxeiros, dun total de 790.884 solicitudes. O ano pasado a cifra de nacionalidades chegou a 114.596, por debaixo das que se rexistraron en 2010, cando se concederon 123.714 nacionalizacións, o número máis alto dos últimos seis anos.

Segundo datos do Ministerio de Xustiza, os principais colectivos de inmigrantes que obtiveron a nacionalidade son ecuatorianos, colombianos e marroquís. En 2011, un total de 32.028 ecuatorianos obtiveron a nacionalidade española e 24.103 presentaron o solicitude. No último sexenio nacionalizáronse 167.271 cidadáns de Ecuador.

No caso dos cidadáns colombianos, 19.802 obtiveron a nacionalidade en 2011. Nos últimos seis anos, transformáronse en cidadáns españois 134.816 nacidos en Colombia.

Os marroquís son o primeiro colectivo en nacionalizacións que non pertence á comunidade iberoamericana. Un total de 14.427 viron aprobada a súa solicitude de nacionalidade española en 2011, ano en que se iniciou a tramitación de 28.148 expedientes. Dende 2006 téñense nacionalizados 53.975 cidadáns marroquís, mentres que o solicitaron 103.789.

Séguenlles peruanos, arxentinos, bolivianos, dominicanos e cubanos que, ao igual que ecuatorianos e colombianos, deben cumprir con dous anos de residencia en España para poder iniciar o seu expediente de nacionalidade, grazas ao acordo cos Estados Iberomericanos e outras antigas colonias, como Filipinas e Guinea Ecuatorial, e os ciuadanos portugueses e sefardís. O resto de nacionalidades teñen que cumprir con dez anos de residencia legal e continuada.

Os datos mostran que son maiores as nacionalizacións de persoas que formaron parte dos fluxos migratorios que chegaron a España nos últimos anos, por enriba de fillos e netos de españois que se exiliaron con motivo da Guerra Civil e a postguerra. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas