GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Camba celebra cos galegos e as galegas de Londres o ‘Día da Galicia exterior’ na capital británica

(25/06/2012)

Camba celebra cos galegos e as galegas de Londres o ‘Día da Galicia exterior’ na capital británica

 
Domingo, 24.06.2012
  • O acto ten lugar cada ano no Instituto Cañada Blanch, un referente de recoñecida excelencia no ámbito educativo.

Centro Galego de Londres

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, vén de participar no ‘Día da Galicia Exterior’ de Londres, organizado cada ano polo Centro Galego da capital británica, fundado no ano 1968 e que na actualidade preside Nicolás Miño.

Esta actividade lúdica e de confraternidade reúne a unha parte considerable das numerosas colonias galega e española residentes naquela cidade, e ten lugar no Instituto Español Cañada Blanch, na zona de Westminster, un centro educativo con recoñecida excelencia, e enclave de especial simbolismo para a diáspora española.

Vicente Cañada Blanch, empresario valenciano afincado en Londres, foi un benefactor das e dos emigrantes galegos e españois en Inglaterra, e deixou no seu testamento un fondo económico destinado a manter o Instituto Español que leva o seu nome, e que arestora é un exemplo para o estudo do español en Londres, e o centro educativo por excelencia para os fillos, fillas, netos e netas da colectividade española.

Recordo permanente
Na súa alocución, Santiago Camba gabou a pegada dos galegos e as galegas en Londres, e a capacidade de respecto e absorción de novas culturas da sociedade británica. Tamén fixo fincapé na necesidade de afondar nas relacións internacionais nestes tempos de incerteza no ámbito financeiro, e sinalou que o Goberno autonómico “nunca esqueceu, nin esquecerá xamais” aos galegos e ás galegas da diáspora.

Ao acto acudiron, ademais do secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, diversas autoridades locais e representantes de entidades galegas e españolas no Reino Unido, e tamén o director xeral de Migracións do Goberno Central, Aurelio Miras.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas