GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes de onte e de hoxe

(08/06/2012)

Emigrantes de onte e de hoxe

 
Venres, 08.06.2012
  • Os nenos e nenas do Colexio Torre-Cela de Bueu viviron unha experiencia especial coa emigración e a inmigración como nexo entre as persoas de aquí e de alá que nalgún momento da súa vida tiveron que marchar do noso país ou vir dende o seu.

Familiares do alumnado do colexio Torre-Cela contaron a súa experiencia como emigrantes. Foto: Capotillo.

Vivimos nun mundo multicultural, global, sen fronteiras. E os nenos do Colexio Torre-Cela de Bueu viviron este mércores unha experiencia moi especial coa emigración e a inmigración como nexo entre as persoas de aquí e de alá que nalgún momento da súa vida e por motivos de distinta índole tiveron que marchar do noso país ou vir dende o seu a esta terra. Xullo Pena, avó dunha alumna do centro, contou a súa experiencia en Alemaña, onde estivo a traballar nunha compañía marítima, como o recibiron alí, por que se foi e por que volveu, a diferenza de costumes, o idioma e outras curiosidades. Pola súa banda, a parella formada por Helosía Checón e Kazua Sakita, padriños doutra nena do colexio relataron a súa chegada aquí dende os seus países de orixe. Ambos os dous naceron en Brasil, viven en Moaña e son a segunda xeración dunha familia de emigrantes. O é de pai xaponés e nai brasileira e ela de nai italiana e pai brasileiro.

Esta actividade enmárcase dentro dun proxecto de multiculturalidade e de dinamización lingüística para fomentar o uso oral do galego, que o CEIP Torre-Cela vén desenvolvendo ao longo de todo o curso. «Con ela queremos conseguir que os nenos e nenas do noso centro comprendan e respecten a plena integración das persoas que nun momento da súa vida tiveron que acometer unha decisión moi importante a de emigrar», sinalou un dos responsables do centro.

A Galicia emigrante de onte e de hoxe, de avós e avoas e de netos e netas, é tamén o tema de reflexión dun documental elaborado por seis alumnos e alumnas do último curso de Comunicación Audiovisual e premiado no concurso Son novo, son europeo, non me paro, promovido pola Unión Europea. Iria Bello, Astrid Abal, Jorge Medal, Monserrat Garabato, Raquel Vázquez e Victoria Amoedo, son os autores deste traballo titulado Volver a empezar, no que recollen os testemuños de dúas xeracións, «a dos estudantes actuais que buscan oportunidades fóra das nosas fronteiras e a de xente da emigración de mediados de século en Galicia» explicou Iria. Como fixeron este mércores os familiares de alumnos e alumnas do colexio de Torre-Cela, aquí tamén as e os protagonistas do documental contan as causas polas que tiveron que abandonar a súa terra natal e a súa vida de emigrante.

Mentres que as e os máis novos fan un balance da súa experiencia tras cursar prácticas no estranxeiro ou tras emprender un negocio innovador, as persoas maiores recordan o seu percorrido laboral por distintos países para comparar as dúas épocas. O documental deste grupo de estudantes pretende dar unha visión positiva, a mensaxe de que «con esforzo se pode saír adiante, de igual forma que o fixeron os nosos avós no seu momento», apuntan. Para a realización deste audiovisual contaron coa colaboración das profesoras Isabel Legerén e Isabel Martínez.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas