GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A muller inmigrante é máis vulnerable de padecer violencia machista

(08/06/2012)

A muller inmigrante é máis vulnerable de padecer violencia machista

eitb.com/Redacción
06/06/2012

"Muller, inmigrante e negra" son tres condicións que constitúen "un exemplo de vulnerabilidade e risco social" á hora de padecer e de afrontar e saír das situacións de violencia de xénero.

Miguel Angel Mateo, profesor titular do departamento de Traballo Social e Servizos Sociais da Universidade de Alacante, impartiu hoxe o relatorio marco dunha xornada sobre inmigración e violencia machista que se celebra no Palacio Kursaal de Donostia, organizada polas direccións de Atención ás Vítimas da Violencia de Xénero e de Inmigración do Goberno Vasco.

O profesor Mateo explicou que as inmigrantes necesitan "unha especial protección" por parte da Administración Pública, que debe, ao seu xuízo, "responder con políticas inclusivas" que logren, aos poucos, que "a violencia estrutural contra as mulleres vaia desaparecendo". "A mellor loita contra a violencia de xénero -agregou- está no desenvolvemento de políticas inclusivas e de igualdade, que permitan ás mulleres desenvolver as súas capacidades".

Mateo tamén comentou que as estatísticas establecen que algo máis da metade das mulleres asasinadas no Estado español, 51 no que vai de ano, son estranxeiras.

Mariola Serrano, directora de Atención ás Vítimas da Violencia de Xénero do Goberno Vasco, fixo especial fincapé en que "a violencia de xénero non ten orixe na inmigración, senón na sociedade desigualitaria, machista e patriarcal na que aínda vivimos".

Serrano destacou tamén que "existen moitos falsos mitos" nesta materia, como o de que as persoas que padecen este tipo de violencia "son sobre todo mulleres inmigrantes e os agresores, homes inmigrantes".

Miguel Anxo González, director de Inmigración e Xestión da Diversidade do Goberno Vasco, recordou que nesta última área enmárcanse, entre outros, os cursos específicos que están a piques de concluír uns 700 axentes da Ertzaintza para mellorar a súa capacitación en interculturalidade e atención ás vítimas inmigrantes de violencia de xénero.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas