GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O legado do Casino de Carballo está a bo recado en Uruguai

(06/06/2012)

O legado do Casino de Carballo está a bo recado en Uruguai

O expresidente do centro Bergantiños xustifica a propiedade das pezas

Autor:
juan ventura lado
Localidade:
carballo / a voz
Data
6/6/2012

As declaracións do actual presidente do Centro Bergantiños de Montevideo, Walter Pena, en relación a unhas pezas etnográficas doadas polo Casino de Carballo e que tiveron un paradoiro incerto atoparon resposta por parte do expresidente da entidade José María García Álvarez.

O que era presidente da entidade en 1980 cando levou o material a Uruguai asegura a través dunha carta, que eses bens, entre os que hai un carro galego, un arado romano de madeira, dúas potes e outra serie de apeiros tradicionais xa en desuso forman parte do museo que el posúe na súa casa e do que Pena e toda a colectividade de inmigrantes bergantiñáns sabe onde se atopa.

García Álvarez, que actualmente preside a Asociación Española de Primeiros Socorros Mutuos, incide en que non se considera «o único dono desas reliquias» polo que, tanto el como a súa familia, entenden que deben doalas a un museo, pero cando eles decidan.

Argumenta que moitos alcaldes de Bergantiños e Manuel Fraga tiveron ocasión de ver as pezas na súa sala de exposición caseira e que, ademais, estes bens estiveron a disposición pública no Club Español, o Centro Galego, o Centro Bergantiños e o Padroado da Cultura Galega, ademais de saír en reportaxes televisivas.

Sinala ademais, que foi el quen conseguiu e pagou esas pezas en Galicia. Despois desa compra «estiveron sete anos abandonadas nun depósito» sen que ninguén se interesase «por esas madeiras apolilladas ata agora».

 

Subvencións

García apunta que o propio Pena dixo que «había cousas máis importantes que facer na institución» e que se agora pregunta por eses bens é por un interese ben distinto, «unha forma de seguir recibindo subvencións», cando os galegos na diáspora deberían estar a pensar no mellor xeito de «axudar a España, cando está a pasar pola peor crise da súa historia».

Para o expresidente, o obxectivo da colección é que «non se perda a memoria histórica dos nosos devanceiros e, á vez, que sirva de exemplo a futuras xeracións en Uruguai, o país de acollida». A localización ideal sería, ao seu xuízo, o Fogar Español ou «a unificación das institucións galegas en Montevideo».

García conclúe o seu texto asegurando que o museo lle pertence e que ten probas diso. Ademais, manda unha mensaxe de tranquilidade aos españois e especialmente aos bergantiñáns e aos carballeses: «Tranquilos paisanos que o arado está en boas mans e moi pronto acabará no lugar adecuado no que todos poidan gozalo».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas