GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigrantes e españois coexisten, pero relacionánse pouco

(28/05/2012)

Inmigrantes e españois coexisten, pero relacionánse pouco

Luns, 28 de Maio de 2012

Relaciones interculturalesO 52,8% das persoas que viven en zonas cunha alta densidade de poboación estranxeira coexisten cos seus veciños inmigrantes, pero non se interesan por establecer relacións sociais con eles. Isto, a pesar de que recoñecen que viven en ambientes sociais pacíficos. Un estudo explica que este fenómeno pode estar causado por que 9 de cada 10 entrevistados teñen un círculo relacional moi homoxéneo, é dicir, con persoas da súa mesma nacionalidade ou relixión.

Esta é unha das conclusións da primeira Enquisa sobre Convivencia Intercultural no Ámbito Local, que a Obra Social "A Caixa" desenvolveu en 17 territorios cun alto nivel de diversidade.

A investigación sinala importantes desafíos. Un deles é a importante diferenza que hai nos criterios de asimilación cultural. Por exemplo, o 95% dos españois cre que os inmigrantes deben adaptarse aos costumes da sociedade receptora; pero só o 54% deles sinala que son partidarios de que a poboación estranxeira manteña tamén os seus propios costumes.

Enlazando coa falta de interacción, o estudo revela a escasa presenza de minorías e inmigrantes nos espazos de participación. O colectivo xitano, con todo, supón unha excepción: mentres o 20% de persoas de etnia xitana entrevistadas pertence ou participa nalgunha asociación xitana, esta porcentaxe é de só o 5% no caso dos estranxeiros e a súa participación en asociacións de inmigrantes.

O traballo tamén deixa patente que o 16% dos participantes considera que as súas relacións interculturais prodúcense nun clima de receo e tensión, o que o estudo identifica como Hostilidade. Estímase que o 10% da poboación ten unha actitude de rexeitamento cara á nova diversificación sociocultural, mentres que un sector considerable dos estranxeiros manifesta sentirse "maltratado ou discriminado no barrio", un sentimento xeneralizado.

Para rematar, o estudo destaca tamén o receo dun sector notable da poboación cara á relixión musulmá. Entre os autóctonos non musulmáns, o 62,9% considera que en España si existe receo cara a este colectivo, unha porcentaxe que diminúe drasticamente cando se pregunta sobre se isto dáse no propio municipio. Esta afirmación aínda se reduce máis cando se pregunta se ese receo existe no propio entrevistado. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas