GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Coruña. Médicos do Mundo e Equus Zebra informan aos inmigrantes sobre os recortes sanitarios

(15/05/2012)

Médicos do Mundo e Equus Zebra informan aos inmigrantes sobre os recortes sanitarios

Ambas as oenegués impartirán unha xornada gratuíta o venres

O vindeiro venres, de 9 a 14 horas, a sede de Equus Zebra en Antonio Pedreira Ríos acollerá unha sesión aberta e gratuíta para inmigrantes durante a cal Médicos do Mundo informará ao colectivo das medidas aprobadas polo Goberno en materia sanitaria.

A xornada enmárcase en programa de formación que se estenderá os próximos meses, co obxectivo de instruír ás persoas inmigrantes como axentes comunitarios de saúde.

De cinco horas de duración, durante a sesión explicarase aos asistentes o dereito á saúde no marco nacional e internacional, como tramitar o actual cartón sanitario e, ademais recolleranse casos de vulneración do dereito á saúde.

Para tomar parte na xornada, os interesados deben inscribirse na sede de Equus Zebra

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas