GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

'100 Latinos' recoñece as historias de esforzo e éxito de 100 inmigrantes

(07/05/2012)

'100 Latinos' recoñece as historias de esforzo e éxito de 100 inmigrantes

Venres, 04 de Maio de 2012

100 LatinosO luns preséntase a publicación 100 Latinos, da Asociación Fusionarte, que plasma a historia de 100 inmigrantes latinoamericanos que co seu esforzo, creatividade, intelixencia e emprendimento contribúen ao desenvolvemento económico, social e cultural de España. A gala celebrarase na Casa de América de Madrid, o 7 de maio ás 19.30 horas.

A selección elabórase a partir dunha investigación e consulta realizada en Universidades, Embaixadas, Consulados, Cámaras de Comercio, Centros de Integración e Participación de Inmigrantes, Centros Culturais, Asociacións en base aos resultados da convocatoria pública lanzada a través do portal www.100latinos.com.

Os 100 Latinos son 100 exemplos de superación de persoas que chegaron un día a España en busca dun soño. 100 figuras latinoamericanas residentes en Madrid escollidas polo seu carácter emprendedor, o seu espírito de loita, o seu esforzo e os seus logros en España. Cada un deles enriquece a imaxe do seu país e do inmigrante latinoamericano grazas ao seu traballo e talento. Entre eles, figuran algúns dos nomes máis representativos da sociedade española e latinoamericana como Mario Vargas Llosa, Alfredo Dei Stéfano, Carmen Posadas, Ariel Rot, Alaska, Héctor Alterio, Radamel Falcao García, Carlos Baute etc.

Os retratos e perfís dos 100 elixidos este ano exhibiranse nunha exposición na estación Novos Ministerios do Metro de Madrid do 4 de xuño ao 4 de xullo, no Aeroporto de Barajas do 1 ao 31 de outubro e en 17 CEPIS (Centros de Participación e Integración da Comunidade de Madrid) ao longo de 2012 e 2013. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas