GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Centro de Información á Muller de Vilalba (Lugo) estrea un servizo de teletradución a 51 idiomas

(25/04/2012)

O Centro de Información á Muller de Vilalba (Lugo) estrea un servizo de teletradución a 51 idiomas

 
Mércores, 25.04.2012
  • Ofrecido sen custo pola Secretaría Xeral da Igualdade, mellora a atención ás mulleres e ás vítimas de violencia de xénero estranxeiras, facilitando unha comunicación verbal máis eficaz.
  • En total, sete CIMs da provincia xa dispoñen deste sistema, amais de Vilalba, os de Burela, Viveiro, Ribadeo, Monforte, Mondoñedo e Palas de Rei.

Xunta de Galicia

O Centro de Información á Muller de Vilalba (Lugo) incorpora desde onte un servizo de teledradución a 51 idiomas para mellorar a atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes, que ofrece sen custo a Secretaría Xeral da Igualdade, en virtude do convenio asinado na mañá d eonte pola titular de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, e o alcalde, Gerardo Criado. No acto, celebrado nas instalacións do CIM de Vilalba, dúas usuarias de orixe romanesa e marroquí tiveron a oportunidade de participar nunha demostración das aplicacións do sistema.

A Secretaría Xeral da Igualdade ofrece este servizo de teletradución aos CIMs, ás casas de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero e ás entidades e ONGs que asisten a mulleres vítimas de trata ou de violencia de xénero. Desde que comezou o proceso o pasado mes de setembro ata o de agora, un total de 62 entidades xa incorporan este sistema en Galicia, sendo os idiomas máis demandados no conxunto de Galicia o ruso, chino mandarín e romanés.

O obxectivo do servizo, cuxo custo asume íntegramente a Secretaría da Igualdade, é dar resposta á diversidade poboacional derivada da inmigración e asegurar unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas