GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno español limitará o acceso á sanidade pública aos inmigrantes sen papeis

(23/04/2012)

O Goberno español limitará o acceso á sanidade pública aos inmigrantes sen papeis

Luns, abril 23, 2012, 0:00

A ministra española de Sanidade, Ana Mato, anunciou que o Goberno de Mariano Rajoy empezará a facer reformas á Lei de Estranxeiría para pór en marcha restricións aos inmigrantes indocumentados que necesiten ser atendidos no sistema sanitario público.

Esixiráselles aos estranxeiros "unha serie de requisitos" para acceder aos servizos sanitarios. Só se recoñecerá o dereito a acceder á asistencia normalizada aos estranxeiros con "residencia legal", o que implica ter permiso de residencia en vigor. A ministra agregou que se terá en conta ás persoas que "de verdade" viven e teñen residencia fiscal en España, quen "traballan como nós e pagan os seus impostos".

As persoas sen papeis ou en situación irregular só poderán acceder ás urxencias, a maternidade e os coidados dos nenos.

Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), a poboación de estranxeiros en España é de 5.711.040 persoas, das cales 5.251.094 están en situación legal. A cifra dos "sen papeis" roldaría o medio millón de persoas, aínda que esa cantidade pode ser moito maior.

Mato dixo que máis de 700.000 estranxeiros beneficiáronse do sistema de saúde "sen ter dereito a iso". A ministra de Sanidade agregou que, a partir de agora, non será tan fácil chegar a España e ter un cartón que lle dá dereito á sanidade, xa que o padrón endurecerase e pedirase aos estranxeiros unha serie de condicións para poder empadroarse.

A noticia chega despois de que en 2011se rexistrase por primeira vez desde 1998 unha caída no número de inmigrantes, sobre todo latinoamericanos, que chegan a España.

Tras o estalido da crise capitalista e o endurecemento das políticas de inmigración, a cifra de estranxeiros caeu un 0,7%, con 40.447 persoas menos, segundo datos do INE ao 1 de xaneiro de 2012 que serán confirmados a finais de ano.

O maior descenso por nacionalidades corresponde aos ecuatorianos cuxo número descendeu nun 15,1%, pasando de 360.710 en 2010 a 306.380 en 2011. Seguen os colombianos cunha redución de 10,4% (244.670 persoas en 2011) e os arxentinos, que diminuíron en 10,2% (108.390).

LibreRed.net / O Espectador

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas