GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A crise non acaba coa inmigración en España

(20/04/2012)

A crise non acaba coa inmigración en España

O pasado ano 2011 saíron do país máis persoas das que chegaron. O paro entre os inmigrantes alcanza o 33%, pero non houbo estalido social

 Inmigrantes en una plaza de la localidad de Tarrasa.

Inmigrantes nunha praza da localidade de Tarrasa.
Foto:ANNA MAIS

EUROPA PRESS 19/04/2012

A crise non puxo fin ao fenómeno da inmigración e España non se converteu nun país de emigrantes aínda que actualmente cheguen menos e saian máis, e crer o contrario é "un erro", segundo os autores do quinto Anuario da Inmigración en España, cuxo título advirte de que chegou A hora da integración da poboación estranxeira.

Así o explicaron os directores da publicación, o catedrático de Dereito Constitucional da UB, Eliseo Aja; o catedrático de socioloxía da UCM, Joaquín Arango, e o catedrático de Economía Aplicada da UAB Josep Oliver, quen debullaron o "annus horribilus" para a inmigración que ao seu xuízo foi o 2011.

Arango referiuse ao feito de que por primeira vez nunha década o saldo migratorio en España fose negativo o ano pasado, cando saíron máis persoas das que chegaron ao país. Na súa opinión, aínda que "é razoable" destacar esta novidade, "dicir que España volve a ser un país de emigración é ir demasiado lonxe".

"Como vai selo se acolleu en pouco tempo a seis millóns de persoas e rexistrou unha diferenza de 50.000?", expuxo o experto, para incidir en que o saldo negativo de 2011 "a penas supera o 1% do total da poboación inmigrada" a España.

Ademais, o sociólogo incidiu en que os países de destino das emigracións que se rexistraron o ano pasado foron principalmente Ecuador, Venezuela, Arxentina e Marrocos, polo que, segundo dixo, "parece razoable atribuílo ao retorno de nacionalizados que á emigración española". "A inmensa maioría son os que quedan", engadiu.

É por iso que para os expertos chegou o momento de apostar pola integración, que, en palabras de Arango, "non debe darse por suposta nin deixarse á espontaneidade do mercado de traballo ou a sociedade civil" xa que "necesita recursos", aínda que actualmente, "estes non deixan de minguar".

Pola súa banda, Oliver apuntou que é ademais, imprescindible apostar pola integración porque España "vai necesitar máis inmigración" no medio e longo prazo, polo que debe sentar as bases para a incorporación normalizada de novos cidadáns cando chegue o momento.

Segundo explicou, en España dáse o "paradoxo" de que neste contexto de crise e cunha taxa de paro do 33% entre os inmigrantes non se produciron grandes "estalidos sociais" nin enfrontamentos entre foráneos e autóctonos, mentres a integración "continuou" avanzando.

Para o economista, isto débese a que en realidade, do máis de millón e medio de inmigrantes que están en paro, foron 580.000 os que perderon o traballo coa crise económica, xa que máis de 600.000 estaban parados antes de 2008 e 200.000 entraron despois no mercado laboral.

Así mesmo, apunta que a crise non xerou unha maior competencia entre estranxeiros e españois polos postos de traballo, xa que o groso dos inmigrantes móvense nunha cualificación profesional equivalente á de peón, o que contribuíu a evitar tensións. Na súa opinión, influíu tamén a esta "relativa normalidade" da convivencia que aínda que hai 300.000 familias estranxeiras con todos os seus membros en paro (700.000 persoas), en España viven 2,1 millóns de familias inmigrantes que teñen a algún dos seus integrantes traballando (5 millóns de persoas).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas