GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración española a Suíza incrementouse un 41% entre 2010 e 2011

(18/04/2012)

A emigración española a Suíza incrementouse un 41% entre 2010 e 2011

Aínda que a cifra de 4.584 persoas non é tan elevada como a de italianos ou portugueses

E.E. 17 de abril de 2012

Segundo a Oficina Federal de Migración (OFM) de Suíza, o saldo migratorio dos españois no país tivo unha marcada senda negativa desde o inicio da década de 1990, para cambiar radicalmente entre 2007 e 2008.

Se en 2007 saíron de Suíza 2.166 españois máis dos que entraron, en 2008 o signo cambiou, cun saldo migratorio positivo de 154 persoas, que se incrementou ata 679 persoas en 2009, 761 en 2010 e, o maior salto, en 2.667, o ano pasado.

Un portavoz da OFM manifestou que o cambio experimentado en 2008 xa foi "notable" e converteuse en "moi notable" entre 2010 e 2011.

En 2010 chegaron a Suíza 3.258 españois con permiso de residencia e en 2011 a cifra aumentou ata os 4.584 novos inmigrantes con este tipo de permiso, o que supón un incremento interanual do 41%,situando a cifra actual de residentes españois en máis de 93.000. A nova onda de emigrantes españois compona de xeito maioritario (67 %) persoas de entre 21 e 44 anos.

Hai que ter en conta tamén que estas cifras de 2010 e 2011 non inclúen ás persoas con permisos de curta duración, que se adoitan conceder a aqueles traballadores con contratos dunha duración superior a tres meses e inferior a un ano, polo que o número total de inmigrantes é significativamente maior.

De acordo coa Oficina Federal de Migración, en 2010 un total de 1.788 españois obtiveron un permiso de curta duración, fronte aos 2.798 que o conseguiron en 2011 (un 56,5 % máis).

As autoridades suízas opinaron que, a pesar de que esta variación supón "un gran incremento" porcentual, en números absolutos a cifra de españois que emigraron a Suíza no 2011 (7.382) "non é tan elevada como a dos procedentes doutros países europeos", como Italia (10.777) ou Portugal (15.358).

A maioría dos españois que cada ano optan por trasladarse a Suíza fanno por motivos laborais, segundo o Ministerio español de Emprego e Seguridade Social, xa que dos 4.584 españois que se instalaron en 2011 en Suíza como residentes 2.873 (63 %) fixérono para exercer unha actividade económica. Respecto dos inmigrantes con permisos de curta duración que chegaron a Suíza ese mesmo ano, o 81,56 % exercía algunha actividade laboral na Confederación Helvética.

Aínda que o cambio de tendencia é claro, o Ministerio español de Emprego e Seguridade Social sinalou que a subida "non pode cualificarse de incremento notable". "No caso dos non residentes, ou poboación de curta duración, as cifras experimentaron altibaixos nos últimos 10 anos, pero tampouco é posible soster que o incremento observable a partir de 2008 sexa notable", sinalou o ministerio en resposta a un cuestionario remitido por Efe.

Ofertas desde Alemaña

Doutra banda, seguen tendo un gran eco entre os medios de comunicación en España as ofertas de traballo realizadas por empresas alemás. Nesta ocasión tivo ampla repercusión a oferta da compañía Rücker AG, con sede en Wiesbaden, que puxo en marcha o seu proxecto "Búscanse enxeñeiros para Alemaña" e que está orientado especificamente a enxeñeiros españois cualificados e dispostos a comezar a traballar de inmediato en Alemaña. O obxectivo é cubrir antes do verán 400 prazas.

Os novos empregados recibirán un curso de alemán intensivo de dous meses por conta da empresa xunto a un reintegro de gastos durante este tempo de 1.000 euros. Durante o período de proba de seis meses que establecen os contratos o soldo será 3.000 euros e a partir da entrada definitiva no persoal da compañía e unha vez repartidos polas súas diferentes filiais alemás, os contratados pasarán a cobrar 3.500 euros, ademais de beneficiarse da ampla gama de prestacións sociais da compañía.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas