GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta facilita a obtención do cartón Galicia Saúde Exterior aos emigrantes en Estados Unidos

(18/04/2012)

A Xunta facilita a obtención do cartón Galicia Saúde Exterior aos emigrantes en Estados Unidos

E.E. Mércores, 18 de Abril de 2012.


O venres 27 e o sábado 28 de abril o secretario xeral dá Emigración, Santiago Camba, asinará varios convenios con entidades galegas en Newark (New Jersey) e Nova York para facilitar a tramitación do cartón Galicia Saúde Exterior aos emigrantes galegos residentes en Estados Unidos e, sobre todo, na devandita zona da costa este norteamericana, onde se concentran boa parte da colectividade naquel país.

O venres 27 Camba asinará o convenio de colaboración co Centro Ourensán de Newark, nun acto que terá lugar ás sete da tarde na sede da entidade. Posteriormente, ás oito e media, fará o propio coa Peña Galega do Club de España da devandita localidade.

O sábado 28 de abril, o responsable de Emigración rubricará o convenio de colaboración coa Unidade Galega de Nova York.

Estancia en México

Tras estes actos, Camba desprazarase a México onde ao mediodía do luns 30 de abril terá un encontro coas autoridades diplomáticas españolas. Esa mesma tarde, ás oito, inaugurará no Centro Galego a exposición fotográfica "Galicia, 100 lugares para volver a mirada".

O martes 1 de maio, o secretario xeral asistirá á festa campestre do Centro Galego que organiza todos os anos esta entidade e á que acoden varios miles de persoas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas