GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ruso, chino mandarín e romanés son os idiomas máis demandados no servizo de teletradución das entidades de atención a mulleres e vítimas de violencia de xénero

(13/04/2012)

Ruso, chino mandarín e romanés son os idiomas máis demandados no servizo de teletradución das entidades de atención a mulleres e vítimas de violencia de xénero

 
Venres, 13.04.2012
  • Ofrecido sen custe pola Secretaría Xeral da Igualdade, está instalado en 61 entidades para facilitar a comunicación e o acceso das mulleres estranxeiras aos recursos dispoñibles, un factor determinante nos casos de trata de persoas e violencia de xénero.
  • Nos sete primeiros meses foi utilizado por 49 usuarias, maioritariamente residentes na provincia da Coruña.

Xunta de Galicia.

Ruso, chino mandarín e romanés son os idiomas máis demandados no servizo de teletradución instalado pola Secretaría Xeral da Igualdade nos centros de información á muller, nas casas de acollida que asisten ás vítimas de violencia de xénero e nas entidades e ONGs que desenvolven a súa actividade solidaria neste eido. En total, son 61 as entidades que xa incorporan este sistema, ofrecido sen custo por Igualdade para mellorar a atención e o acceso das mulleres inmigrantes aos recursos dispoñibles.

Durante os sete primeiros meses de funcionamento do servizo, iniciado o pasado mes de setembro, 49 usuarias fixeron uso del. Foron maioriotariamente mulleres inmigrantes residentes na Coruña as que se comunicaron a través da teletradución, un total de 35; seguidas de residentes en Pontevedra, onde se contabilizan 7 usuarias; Ourense con 6 e Lugo cunha usuaria.

Foi demandada atención en once idiomas diferentes. Amais dos tres citados, tamén se atendeu en wolof, árabe, chino cantonés, inglés, tailandés, marroquí, portugués e francés, do total dos 51 idiomas dispoñibles no sistema. O cómputo total do tempo de conversa mantido nas diferentes linguas supera as 16 horas neste periodo. Entre outras actuacións, o sistema foi determinante nunha recente operación de desarticulación de redes de inmigración ilegal e trata de seres humanos en Galicia.

Unha comunicación eficaz
A teletradución da apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia, e ten entre as principais vantaxes reducir o estrés producido pola barreira idiomática e facilitar unha comunicación verbal máis eficaz, que resulta determinante nos casos de consulta por violencia de xénero.

A través da plataforma de teletradución, Igualdade quere dar resposta ás novas características poboacionais derivadas da inmigración, asegurando que estas mulleres teñan un acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico. O sistema permite ás usuarias comunicarse telefónicamente cunha intérprete, desde calquera centro no que se atopen, ben sexa un CIM, unha casa de acollida ou calquera entidade adherida; así como o establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da entidade e a intérprete.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas