GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Oito meses de caída de afiliados estranxeiros á Seguridade Social

(20/03/2012)

Oito meses de caída de afiliados estranxeiros á Seguridade Social
Martes, 20 de Marzo de 2012

seguridad socialFebreiro foi o oitavo mes consecutivo en que caen os cotizantes estranxeiros á Seguridade Social, un goteo leve pero persistente. No segundo mes de 2012 houbo 8.637 cotizantes estranxeiros menos, unha redución do 0,51% respecto de xaneiro. Os datos mostran que a crise non deixa de cebarse cos traballadores inmigrantes que, en total, suman 1.681.548 persoas dadas de alta.

Segundo datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, un total de 88.225 estranxeiros déronse de baixa na Seguridade Social no último ano, cunha caída interanual do 4,99%, case o dobre da redución rexistrada no conxunto do sistema, que foi do 2,59%.

Dos estranxeiros dados de alta, 1.319.753 cotizaban ao Réxime Xeral; 207.358 ao de Autónomos; 149.416 ao do Fogar; 4.413 ao do Mar, e 609 ao do Carbón.

Dentro do Réxime Xeral, o 17%, traballaba na hostalería, o 14,1% facíao no comercio e o 8,7%, en actividades administrativas e servizos auxiliares.

Por rexións, catro de cada dez inmigrantes dados de alta na Seguridade Social residían en Madrid ou en Cataluña. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas