GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta eloxia o traballo das e dos traballadores autónomos e emigrantes como “puntais fundamentais para o futuro de Galicia”

(12/03/2012)

A Xunta eloxia o traballo das e dos traballadores autónomos e emigrantes como “puntais fundamentais para o futuro de Galicia”

 
Luns, 12.03.2012
  • O director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Gonzalo Ordoñez, e o subdirector xeral de Inmigración e Retorno, Antonio Aguarón, participaron o venres en Madrid no “Día do Autónomo de Galicia no exterior”.

O Subdirector Xeral do Retorno e a Inmigración, Antonio Aguarón, nunha foto de arquivo.

O director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Gonzalo Ordoñez, eloxiou o traballo das e dos autónomos e emigrantes galegos e galegas por contribuír decisivamente ao desenvolvemento da nosa Comunidade e como “puntais fundamentais do futuro de Galicia”.

Ordoñez, xunto ao subdirector xeral de Inmigración e Retorno, Antonio Aguarón, participaron na celebración do “Día do Autónomo de Galicia no exterior”, que tivo lugar no Teatro Auditorio “Ciudad de Alcobendas”, en Madrid, e estivo organizado pola Federación de Autónomos de Galicia (Feaga).

O director xeral destacou a aposta do Goberno galego polas e polos autónomos, en correspondencia coa responsabilidade ilimitada que teñen estes traballadores e traballadoras á hora de sacar adiante os seus proxectos. Neste sentido, lembrou que a Xunta creou unha Mesa do Emprego Autónomo, que sirve para que as asociacións como Feaga teñan “liña directa” coa Administración autonómica para expresarlle as súas inquedanzas e propostas.

Así mesmo, Ordoñez explicou que outra mostra do apoio da Xunta aos autónomos é que en 2010 o Goberno galego foi pioneiro no establecemento dunha axuda a este tipo de traballadores e traballadoras pola súa primeira contratación indefinida.

Ademais destas medidas, Ordoñez tamén salientou que a potenciación das exportacións é unha das liñas estratéxicas da acción exterior da Xunta e que o ano pasado Galicia creceu preto dun 18 por cento neste eido respecto a 2010, un incremento superior á media nacional. Segundo o director, nesta estratexia Galicia necesita contar unha vez máis cos seus e as súas emigrantes, aos que cualificou como “os mellores embaixadores” para a nosa Comunidade.

Pola súa banda, o subdirector xeral de Inmigración e Retorno, Antonio Aguarón, destacou que desde a Secretaría Xeral de Emigración seguirán apoiando o sistema de formación das e dos emigrantes emprendedores “para xerar recursos á altura das circunstancias, capaces de afrontar os retos que cada unha das vosas empresas ten por diante”.

Aguarón rematou dicindo que o Goberno galego é plenamente consciente de que a formación resulta imprescindible para competir nun mundo cada vez máis globalizado e que é “a fiestra fundamental” a través da cal o departamento que representa pode axudar aos emigrantes galegos e galegas dun xeito más eficiente.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas