GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rueda e Camba participan xunto a máis de 2.000 persoas membros da colectividade na Gran Romaría Galega de Uruguai

(12/03/2012)

Rueda e Camba participan xunto a máis de 2.000 persoas membros da colectividade na Gran Romaría Galega de Uruguai

 
Luns, 12.03.2012
  • A Xunta asina colaboracións coa Casa Galicia e coa Asociación Española Primera de Socorros Mutuos para a prestación sociosanitaria aos emigrantes galegos e galegas e os seus descendentes.
 
 
  • Alfonso Rueda e Santiago Camba na súa vista á sede da Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo.
    Alfonso Rueda e Santiago Camba na súa vista á sede da Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo.
  • Rueda e Camba ás portas da a Casa Galicia en Montevideo.
    Rueda e Camba ás portas da a Casa Galicia en Montevideo.
  • O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, na Gran Romaría Galega de Uruguai.
    O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, na Gran Romaría Galega de Uruguai.
  • O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, na Gran Romaría Galega de Uruguai
    O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, na Gran Romaría Galega de Uruguai

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, participaron onte no Centro Gallego de Montevideo na Gran Romaría Galega, na que tomaron parte máis de 2.000 emigrantes galegos e galegas os seus descendentes, nunha cita que se repite cada ano por estas datas na capital uruguaia.

Unha vez rematada a romaría, Rueda e Camba desprazáronse a Bos Aires, onde remataron a súa viaxe a Arxentina e Uruguai desta fin de semana asistindo a unha misa na Catedral da capital arxentina organizada pola colectividade galega en honor do ex presidente da Xunta Manuel Fraga.

Con anterioridade, en Uruguai, Rueda e Camba visitaron a Casa Galicia en Montevideo, coa que a Secretaría Xeral da Emigración asinou un convenio de colaboración para garantir a asistencia sanitaria e socioasistencial básica ás persoas galegas e aos seus descendentes que se atopan nunha situación de carencia de ingresos e que non poden afrontar este tipo de gastos.

Tamén para o desenvolvemento dun programa de atención sociosanitaria aos galegos e galegas de Montevideo e aos seus descendentes a Xunta asinou un convenio coa Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo, cuxas instalacións tamén visitaron onte o conselleiro de Presidencia e o secretario xeral da Emigración.

La Española é a institución hospitalaria privada máis importante de Uruguai, funciona como unha mutua e conta con arredor de 25.000 socias e socios galegos. O obxectivo do convenio asinado hoxe é colaborar no financiamento daquelas persoas galegas mutualistas e os seus descendentes que se atopen en situacións de carencia, tendo en conta criterios como a súa idade e a súa situación económica.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas