GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Alertan sobre a saúde bucodental dos nenos inmigrantes

(05/03/2012)

Alertan sobre a saúde bucodental dos nenos inmigrantes

Luns, 05 de Marzo de 2012

cepillosA Enquisa de Saúde Oral en España 2010, que elabora o Consello Xeral de Colexios de Dentistas, puxo a voz de alarma sobre a hixiene bucal da poboación infantil de orixe inmigrante. E é que os resultados do estudo mostran que os nenos de orixe estranxeira teñen ata un 50% máis carie que os menores españois.

É a primeira vez que este estudo analiza a incidencia de carie nos nenos inmigrantes que, ademais, presentan carie en peor estado.

Os menores de 15 anos de orixe estranxeira teñen menor acceso aos tratamentos, xa que os datos da enquisa indican que mentres entre os menores españois 6 de cada 10 o recibe, entre os nenos inmigrantes o tratamento recíbeno só 4 de cada 10.

Ademais, os nenos estranxeiros necesitan catro veces máis extraccións e endodoncias, o dobre de obturacións complexas e experimentan máis dor que os seus pares españois.

Pero, cales son os motivos para este peor diagnóstico da saúde oral dos menores inmigrantes? A enquisa non dá cun motivo claro, pero é probable, segundo os profesionais que presentaron o estudo, que os hábitos alimenticios incidan nestes resultados, ao igual que a situación socioeconómica, xa que a enquisa reflicte a existencia dunha relación entre maior incidencia de carie e estrato social: os nenos de estratos sociais medio e baixo teñen máis carie que os de nivel alto.

As recomendacións do estudo son unha mellora nos programas de atención dental da poboación infantil e xuvenil, que os coidados dentais comecen dende os dentes de leite e melloras nos protocolos de prevención das caries. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas