GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Continúa a tendencia á baixa da taxa de alumnado inmigrante en España

(21/02/2012)

Continúa a tendencia á baixa da taxa de alumnado inmigrante en España

Martes, 21 de Febreiro de 2012

alumnosTras dez anos de incrementos moi significativos no alumanado inmigrante, nos últimos dous anos a taxa de poboación escolar de orixe estranxeira tendeu a estabilizarse, aínda que nos últimos dous anos rexistrouse unha leve redución. Se no curso 2008-2009 o alumnado estranxeiro do conxunto dos ensinos non universitarios de réxime xeral chegou ao máximo do 9,81%, ao ano seguinte reduciuse ata o 9,65% e en 2010-2011 caeu ata o 9,53%.
Con todo, segundo os datos dun informe do Instituto de Formación do Profesorado, Investigación e Innovación Educativa, en termos absolutos os matriculados de nacionalidade distinta á española aumentou nun 0,75% no curso 2010-11, ata os 739.520 alumnos. Pero como a taxa de escolarizados creceu nun 2%, a súa representatividade é menor.
O panorama varía se se toman en conta as distintas etapas do sistema educativo. Por exemplo, en Educación Infantil houbo un importante incremento do 3,3% do alumnado estranxeiro no curso 2010-2011 respecto do ano escolar anterior. En primaria caeu un 3,9% e na ESO volveu ascender un leve 0,52%. En FP a porcentaxe de alumano inmigrante creceu nun 13,2% e en Bacharelato fíxoo nun 10,8%, mentres que nos Programas de Cualificación Profesional Inicial o aumento foi do 16,6%.
Por rexións, A Rioxa é a comunidade autónoma con maior presenza de escolares inmigrantes, cun 16,53%, fronte a Estremadura, que só ten o 3,369%. Por nacionalidades, as maioritarias son a marroquí (18,52%), ecuatoriana (11,81%) e romanesa (11,59%). www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas