GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Sabías que o teu permiso de residencia pode extinguirse por estar fóra de España?

(10/02/2012)

Sabías que o teu permiso de residencia pode extinguirse por estar fóra de España?

Xoves, 09 de Febreiro de 2012 

maletasMoitos estranxeiros que residen en España legalmente e contan cun permiso de residencia ou de residencia e traballo descoñecen que se permanecen fóra do territorio español por varios meses, dita autorización pode extinguirse. A continuación, atoparás toda a información sobre o tempo máximo que podes estar fóra sen perder o teu permiso.


--------------------------------------------------------------------------------

Lee tamén... Si tes permiso de residencia, poden negarche a entrada a España por permanecer máis tempo do permitido fora? 
--------------------------------------------------------------------------------
O período que podes permanecer fóra de España varía dependendo do tipo de permiso de residencia ou de residencia e traballo que teñas. 
- Que pasa se tes un cartón de residencia temporal (un ou dous anos)? Neste caso, o período máximo que podes permanecer fóra de España é de 6 meses nun prazo de 1 ano. Se estás máis tempo fóra, o Regulamento de Estranxeiría (art.166.2) sinala que a autorización de residencia temporal extinguirase por resolución do órgano competente para a súa concesión, conforme aos trámites previstos na normativa vixente para os procedementos de otorgamiento, modificación e extinción de autorizacións. Isto aplicarase tamén aos estranxeiros que teñan cartón de residencia de familiar de cidadán da Unión Europea.

¡Atención! Esta circunstancia non será de aplicación aos estranxeiros que teñan unha autorización de residencia temporal e traballo que traballen para organizacións non gobernamentais, fundacións ou asociacións, inscritas e recoñecidas oficialmente de utilidade pública como cooperantes, e que realicen para aquelas proxectos de investigación, cooperación ao desenvolvemento ou axuda humanitaria, levados a cabo no estranxeiro. Tampouco será de aplicación aos titulares dunha autorización de residencia que permanezan noutro Estado membro da Unión Europea para a realización de programas temporais de estudos promovidos pola propia Unión. 

- E se es titular do cartón de residencia de longa duración-UE (cinco anos)? O teu cartón deixará de estar en vigor se estás fóra da UE por un período máximo de 12 meses consecutivos (art. 166.1c). E tamén  se permaneces máis de trinta meses no cómputo global dos cinco anos de residencia.

¡Atención! Esta circunstancia non será de aplicación aos estranxeiros que teñan unha autorización de residencia temporal e traballo que traballen para organizacións non gobernamentais, fundacións ou asociacións, inscritas e recoñecidas oficialmente de utilidade pública como cooperantes, e que realicen para aquelas proxectos de investigación, cooperación ao desenvolvemento ou axuda humanitaria, levados a cabo no estranxeiro. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas