GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Europa volve construír muros, agora contra a inmigración irregular

(07/02/2012)

Europa volve construír muros, agora contra a inmigración irregular
Martes, 07 de Febreiro de 2012

europaParecía que a escura etapa dos muros en Europa estaba resolta e formaba parte da historia máis lamentable do continente. Pero non é así. Agora Grecia, país integrante da Unión Europea, comezou a construír unha barreira contra a inmigración irregular nunha parte da súa fronteira terrestre con Turquía.

Europa volve tropezar coa mesma pedra. Onte comezaron as obras do valo que pretende pór fin á entrada clandestina de estranxeiros na fronteira entre Grecia e Turquía, unha zona que se converteu nunha das principais portas de entrada a territorio europeo.

Segundo explicou o ministro grego de Protección do Cidadán, Christos Paputsis, os traballos de construción pretenden delsalentar aos inmigrantes e dar unha mensaxe "práctico e simbólico" sobre que "en Grecia non se entra como nun muíño", declarou á axencia grega ANA.

Pero Grecia non foi por libre con esta iniciativa. Francia é un dos países que manifestou o seu respaldo a esta iniciativa, fronte á reticencia da Comisión Europea.

Os datos da Unión Europea indican que as chegadas de inmigrantes irregulares por esa zona supón un terzo do total, cunha media de 300 persoas por día. O valo, que terá unha dobre fila de arame de espino de 2,5 metros de altura, prolongarase por unha superficie de 10,3 quilómetros e contará con 25 cámaras térmicas. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas