GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Alfonso Gómez Cruz «Son galego-suízo do mundo»

(31/01/2012)

«Son galego-suízo do mundo»

Natural de Corme, é director adxunto do Conservatorio xenebrino

Autor:
S. G. RIAL
Localidad:
CARBALLO / LA VOZ
Fecha
31/1/2012

A representatividade da emigración galega en Suíza acaba de subir un paso máis co nomeamento, fai uns días, do cormelán Alfonso Gómez Cruz como copresidente do partido de Os Verdes na cidade na que reside, Xenebra. Ata agora era vicepresidente da formación (levaba dous anos, tamén de xeito compartido con David Rochat, co que segue) e candidato municipal (quedou a nada de lograr escano nas últimas eleccións locais). Gómez, nacido en Corme hai 50 anos e residente en Suíza de maneira permanente dende fai 38 (de cativo xa tiña ido unha tempada), é economista e director adxunto do Conservatorio de Música, Danza e Teatro da cidade. Atesoura unha longa traxectoria de activismo de dereitos humanos, por exemplo na Cruz Vermella Internacional.

 

-¿Que é o que fai un presidente dos Verdes?

-Representamos o partido, negociamos no seu nome, preparamos as asembleas, propoñemos a directiva ao comité... Os seus membros son elixidos pola asemblea, neste caso seis mulleres e 7 homes. A política está sempre decidida polos militantes, e as convocatorias e presentacións son da presidencia co comité. Levo as negociacións cos partidos aliados, propoñemos as prioridades do programa e organizamos accións na rúa ou na prensa.

-¿E que papel xogan Os verdes en Xenebra?

-Participamos coa maioría de esquerda na xestión da cidade, buscando as alianzas máis amplas posibles co centro-esquerda e o centro en temas ecolóxicos, sociais e de dereitos humanos e dos emigrantes.

 

-¿É vostede «verde» a diario?

-Deixei o coche, viaxo o máximo posible en tren nas distancias medias. Uso o transportes público, a bici e ando pola cidade. Fago a reciclaxe na casa. Merco electricidade non nuclear (é posible escoller iso na factura). Impuxen a bici eléctrica no Conservatorio para os desprazamentos dos colaboradores que necesitan ir aos distintos puntos da cidade, e tamén a reciclaxe e o uso de produtos ecolóxicos e a factura non nuclear. E tamén fixen aprobar a sexta semana de vacacións para os colaboradores administrativos.

 

-¿Que opcións ten de ser concelleiro en Xenebra?

-Poucas, xa veremos. Primeiro teño que concentrarme no labor de copresidente nestes dous anos. Eu fago política por pracer e non por planificación de carreira. Mentres teña ese pracer, me guste, e conte co apoio da familia e saúde, seguirei sen plan preciso. O meu interese só é ao servizo da comunidade.

-¿Mantén algún tipo de contacto coa emigración galega?

-Si, de xeito individual e puntual. Participara na creación dunha asociación para conseguir axudas despois do Prestige e informar sobre a catástrofe, e tamén organizamos con outros movementos apoio aos indignados diante do consulado español. O que non fago é participar nas asociacións de galegos máis concentradas en actividades culturais e deportivas.

 

 

-Está máis centrado na poboación local.

-Si, dedico moito tempo a labores de apoio ás minorías, tanto da emigración como determinados colectivos sociais. Pero estou totalmente vencellado cos meus pobos aló onde vivo, tanto con Corme, en Galicia, como con Xenebra no mundo. Eu digo que son un galego-suízo do mundo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas