GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración de mozos lastrará a recuperación

(30/01/2012)

A emigración de mozos lastrará a recuperación

Durante a primeira década do século XXI, Galicia perdeu cada ano entre 9.000 e 15.000 mozos en idade laboral, dos que a maioría non regresaron

    Autor:
 F. S. Lugo
    la voz
  
    Data 29/1/12

Un dos efectos da crise económica que terá secuelas máis prolongadas no tempo é o desemprego xuvenil, que en Galicia xa supera con folgura o 50 % de persoas de entre 16 e 25 anos que buscan traballo.

Esta circunstancia, á marxe de leas e cruces de acusacións interpartidarias, é de orixe basicamente económica e estrutural, todo iso agravado pola ausencia de plans públicos que coordinen ensino e incorporación ao mundo laboral, polo escaso financiamento das polìticas activas de emprego, e pola caída do investimento.

Todo os expertos -sindicais, empresariais e institucionais- coinciden en que, dando por boa a previsión de que no 2015 consolidaríase a creación de emprego -aínda que lenta-, o lastre do desemprego xuvenil actual non se superará ata 4 ou 5 anos despois e, polo tanto, terá consecuencias persoais negativas -que xa son inevitables- para quen hoxe teñen entre 20 e 30 anos e non lograron acceder a un posto de traballo fixo ou que, polo menos, somen unha media anual de 6 meses cotizados.

Estes fectos multiplícanse se se atrasa en demasía o acceso a un emprego estable porque o período mínimo de cotización para ter dereito ao 100 % da pensión, que agora está en 35 anos, irase incrementando progresivamente.

EMIGRANTES «CULTOS»

En paralelo, dáse outro fenómeno de efectos tamén negativos que afectarán ao conxunto da economía, tanto ás actividades produtivas como aos servizos: a crecente emigración de adultos novos formados academicamente ou con experiencia laboral.

Entre eses emigrantes son maioría os individuos con coñecementos ou habilidades profesionais que ao paso duns anos serán requiridos polas empresas cando se supere a fochanca económica. Non en balde, a maioría deses emigrantes «cultos» ou laboralmente valiosos adoitan fincarse nos países nos que recalan.

O mal é de ámbito peninsular, pero máis grave en territorios como o galego. Un estudo centrado en Galicia e que abarca desde o segundo semestre do 2002 ata o primeiro do 2007-publicado en Mercados hai 4 anos- revela que durante o lustro estudando abandonaron a comunidade 68.955 individuos con idades comprendidas entre os 16 e os 29 anos, recalando en Canarias, Cataluña, Madrid, País vasco ou en paíes da Unión Europea -fundamentalmente Alemaña, Francia e Gran Bretaña.

Polo tanto, a práctica totalidade deses case 70.000 emigrantes posuían estudos secundarios -incluída formación profesional de segundo grao- ou universitarios e, ademais, un terzo deles tiñan experiencia laboral en postos de traballo que requirían pericia técnica ou estudos superiores.

Abundando en datos, o mesmo estudo apuntaba que á crecente perda de traballadores novos sumábase a marcha de profesionais moi experimentados, con idades entre os 30 e os 50 anos. Este segundo fenómeno non alcanzaba as proporcións nin as cifras do éxodo xuvenil, pero confirmaba a existencia de problemas enquistados e de fondo calado.

Estudos paralelos precisaron que aquel fluxo -a perda de activos novos era de 13.800 individuos/ano- debíase en gran medida a que os salarios galegos eran -e son- entre un 15 e un 25 % máis baixos que nas comunidades máis desenvolvidas de España; á parte de que en Galicia se xeraba -e xérase- menos emprego que nelas.

Informes e datos estatísticos xa referidos ao período 2008-2011 indican que a sangría de forzas produtivas de Galicia experimentou un repunte a partir dos primeiros meses do 2009 debido, fundamentalmente, á drástica redución das contratacións que provocou a crise económica.

Imaxe da celebración do Día de Galicia do ano pasado en Londres, onde a colonia de galegos volve experimentar anuais aumentos | A. LALÍN

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas