GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As persoas estranxeiras con dous anos no Exército obterán a nacionalidade

(30/01/2012)

As persoas estranxeiras con dous anos no Exército obterán a nacionalidade

 
 
Sábado, 28.01.2012
  • A medida afecta a case un 6% das e dos 82.875 soldados de tropa e mariñeiría.

Morenés, o xoves, á súa chegada á Comisión de Defensa. Kote Rodrigo efeO ministro de Defensa, Pedro Morenés, explicou onte no Congreso que ten a intención de cumprir coa promesa electoral do PP de conceder a nacionalidade española a todas as persoas estranxeiras que servisen máis de dous anos nas Forzas Armadas. A medida formará parte da reforma da lei de tropa e mariñeiría, e a previsión é que a concesión sexa automática para todos aqueles e aquelas que o soliciten e reúnan este requisito. O responsable do departamento dixo que é o mínimo recoñecemento que se debe dar a quen «se arriscou ao servizo de España». Morenés descoñecía a cantos estranxeiros e estranxeiras podería beneficiar a reforma. As últimas cifras publicadas sobre a composición das Forzas Armadas indican que case un 6% das e dos 82.875 soldados de tropa e mariñeiría son estranxeiros ou estranxeiras, o que hai un ano sumaba 4.725 persoas, 762 delas mulleres.

Todos as persoas estranxeiras alistadas no Exército e a Mariña son naturais de países iberoamericanos -de forma moi especial, de Colombia e Ecuador- e case 300 destas e destes soldados forman parte dos continxentes desprazados en misións de paz internacionais. Ata o momento, as súas posibilidades de obter a nacionalidade son iguais ás de calquera outro traballador o u traballadora inmigrante, que ademais de ter que acreditar un período temporal de residencia máis amplo necesita cumprir con outra serie de requisitos que demoran moito e mesmo ás veces imposibilitan a concesión.

Morenés, nunha comparecencia na que presentou as grandes liñas do seu proxecto para a lexislatura, explicou que revisa todo o despregamento de militares españois e españolas no mundo para determinar que misións é preciso prorrogar e en que condicións, se requiren modificacións, ou se hai que cancelar algunha.

O ministro non afondou neste aspecto, que prometeu abordar dentro dunhas semanas, nunha comparecencia monográfica, na que explicará as súas conclusións. O que si explicou é por que o inicio da retirada española de Afganistán, prevista para este trimestre, non comezará ata o próximo outono. Dixo que así llelo pediron os aliados da OTAN ante o perigo de debilitar a seguridade dalgunhas zonas do país xusto ao comezo da primavera, que é cando os talibáns centran cada ano as súas ofensivas.

Afganistán, escenario bélico
Sinalou Morenés que a decisión se tomou despois de comprobar que as tropas gozan nas súas situacións duns parámetros de seguridade razoables, malia ser a operación máis perigosa en que participa España. «É unha misión de paz, pero un escenario bélico, de guerra,» recoñeceu o ministro, porque -agregou- quere desterrar «os eufemismos». Engadiu que a continuidade da misión do Líbano se discute agora na ONU e que a seguridade dos pesqueiros no océano Índico seguirá en mans de axentes privados asesorados polo Exército.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas