GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

XII Certame de Poesía "Anduriña Voandeira"

(25/01/2012)

XII Certame de Poesía "Anduriña Voandeira"

 
 
XII Certame de Poesía "Anduriña Voandeira"

A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi convoca o XII Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" para obras escritas en lingua galega. O prazo límite de admisión de obras é o 10 de maio de 2012 ás 20,00 h., cunha dotación de 600 € para o primeiro premio e de 150 € para o segundo.

BASES:

I . Poderán participar todos os autores/as de calquera nacionalidade que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega.

II . Os traballos non terán unha extensión superior a cen versos e deberán ser inéditos.

III . O presente Concurso está dotado cos seguintes premios:
Primeiro premio: 600 € | Segundo premio: 150 €
Os premios poderanse declarar desertos.

IV . As obras mecanografadas por unha sola cara e a dobre espazo, enviaranse por correo, sen remite, á:
IRMANDADE DE CENTROS GALEGOS EN EUSKADI
R/. Pablo Picasso, nº4 – 48012 BILBAO
De cada obra mandaranse cinco copias. A presentación farase polo procedemento de lema e plica.
No exterior indicarase o título e o lema escolleito.
No interior incluíranse os datos persoais do autor/a: este sobre terá que vir pechado. Na parte superior dereita da primeira folla da obra repetirase o lema.

V . O prazo de admisión das obras rematará o día 10 de maio ás vinte horas. A resolución farase pública o Día de Galicia en Euskadi a celebrar o 16 de xuño de 2012 en Sestao, e as obras premiadas poderán ser publicadas nas revistas dos Centros Galegos en Euskadi.

VI . A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi reservará os dereitos de publicar as obras premiadas cando lle conveña, sen prexuízo de que o autor/a tamén as poida publicar.

VII . O feito de participar neste concurso supón a aceptación total destas Bases.

Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Data: 
10.05.2012
Hora: 
20,00
Lugar: 
Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Pablo Picasso, 4 48012
Bilbao, Vizcaya
España

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas