GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Barbanza. A crise volve pór en auxe a emigración ao estranxeiro

(25/01/2012)

A crise volve pór en auxe a emigración ao estranxeiro

Medio milleiro de barbanceses marcháronse do país desde o 2008

O número de habitantes da comarca que figuran inscritos nos distintos consulados, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) con referencia ao 1 de decembro de 2011, sitúase en 15.982 persoas, 625 máis que un ano antes. De feito, ao contrario do que sucede noutras comarcas limítrofes, a evolución da emigración nos territorios de Barbanza, Muros e Noia segue crecendo de forma sostida durante os últimos exercicios.

 

Noia e Porto do Son

Por municipios, Noia e Porto do Son sitúanse, con 200 novos emigrantes, como os territorios da zona nos que máis creceu o volume da súa diáspora, mentres que en Boiro e Lousame sucedeu todo o contrario, cun incremento do número de emigrados de apenas medio centenar de persoas. A radiografía dos novos emigrantes barbanceses coincide cos do resto da comunidade en canto a que se trata, no seu maior parte, de homes incluídos nunha franxa de idade que vai dos 31 aos 45 anos e que se marchan cara a destinos considerados tradicionais, como Suíza ou Estados Unidos, onde dispoñen de familiares ou contactos que lles facilitan a procura dun traballo.

Das estatísticas do INE extráese que Outes supera, por primeira vez na última década, os dous milleiros de veciños residindo de forma habitual no estranxeiro colocándose como o territorio da comarca cun maior censo de residentes ausentes. Séguenlle Ribeira e Noia con 1.878 e 1.800.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas