GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A deriva dos inmigrantes. O informe 2011 de Human Rights Watch

(23/01/2012)

A deriva dos inmigrantes. O informe 2011 de Human Rights Watch

A organización humanitaria sinalou que a Unión Europea non respectou os dereitos dos que fuxiron das revoltas árabes.
/fotos/20120123/notas/na20fo01.jpg
Inmigrantes expulsados da illa de Lampedusa.

A organización humanitaria Human Rights Watch (HRW) acusou a Unión Europea de non ter priorizado o respecto aos dereitos humanos no seu territorio. "A pesar de que a UE e os seus Estados membros proclamaron a importancia dos dereitos humanos nos movementos prodemocráticos da primavera árabe, non estiveron dispostos a que fosen unha prioridade no seu territorio", asegura o informe sobre a monitorización realizada en 2011 publicada onte. Ademais das obxeccións e críticas vertidas contra a UE, no seu documento, HRW insta aos 27 países membros do bloque a avaliar as respostas dadas á afluencia de inmigración provocada a partir do inicio das revoltas árabes que conduciu, entre outras cousas, a unha disputa diplomática entre Francia e Italia polo control das fronteiras na zona de libre tránsito Schengen.

"As respostas políticas á inmigración do norte de Africa, incluídas as chamadas a limitar a libre circulación dentro das fronteiras da UE, e a renuencia a dar un lugar aos refuxiados de Libia, exemplifican este enfoque negativo", agrega o informe. Á súa vez, a organización humanitaria criticou á Comisión Europea, brazo executivo do bloque, por non perseguir vigorosamente o seu deber de facer respectar os dereitos fundamentais". Tamén sostivo que a comisión se quedou curta na súa reacción fronte a unha lei restritiva respecto dos medios de comunicación en Hungría ou fronte á expulsión de xitanos en Francia.

HRW presentou o seu informe anual no Cairo -un documento de case 700 páxinas sobre a situación dos dereitos humanos en máis de 90 países-, co obxectivo de enviar unha mensaxe de apoio ás revolucións que estalaron o ano pasado. Durante a presentación, o director executivo de HRW, Kenneth Roth, sinalou o dobre xogo dalgunhas potencias. "Occidente contentouse con sustentar aos autócratas mentres estes apoiasen os seus intereses: limitar o islam político, combater o terrorismo, protexer a Israel, manter a subministración de cru e frear a inmigración a Europa", enumerou Roth.
Non obstante, contra esta actitude, "os pobos árabes demostraron que non comparten esa compracencia cara aos autoritarismos", considerou. Roth recordou outros casos, como a represión das protestas en Bahrein ou a amnistía que permitirá ao presidente iemení, Ali Abdalá Saleh, non render contas polas mortes de manifestantes. O informe de HRW detense en Exipto, onde se rexistrou unha "deterioración dalgúns dereitos fundamentais" tras a revolta que contribuíu a derrocar a Hosni Mubarak. "Os exipcios tiveron (en 2011) un maior risco de detencións arbitrarias e de ser xulgados ante tribunais militares que durante o goberno de Mubarak", sinala o estudo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas