GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social perdeu en Galicia 2.653 afiliados estranxeiros en 2011

(20/01/2012)

A Seguridade Social perdeu en Galicia 2.653 afiliados estranxeiros en 2011

Trabajador Extranjero
Foto: EUROPA PRESS

A caída no último ano é do 7,09%, ata situarse a cifra total de cotizantes en 34.759

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Xan. (EUROPA PRESS) -

A Seguridade Social perdeu 2.653 afiliados estranxeiros en 2011 en Galicia, o que supón un retroceso do 7,09% no último ano, ata situarse nun total de 34.759 cotizantes, de acordo cos datos difundidos este xoves polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

En toda España, a Seguridade Social perdeu 76.057 afiliados o ano pasado, o que representa unha caída do 4,2% en relación a 2010, ata situarse o número de inmigrantes en alta en 1.738.922. Só no mes de decembro, a afiliación de estranxeiros baixou en en 12.375 persoas (-0,7%).

Co descenso de decembro, o sistema da Seguridade Social encadea seis meses de perda de afiliados estranxeiros tras rexistrar en xullo, agosto, setembro, outubro e novembro un total de 1.142, 19.715, 13.384, 31.300 e 34.065 baixas, respectivamente.

En Galicia, a Seguridade Social perdeu 932 cotizantes estranxeiros no mes de decembro de 2011, un descenso do 2,61% en relación ao mes anterior.

Por provincias, a que máis afiliados perdeu en todo 2011 foi Pontevedra, con 1.357 persoas menos (ata situarse o total en 12.629); seguida da Coruña, cunha perda de 787 cotizantes estranxeiros (ata os 12.486); Lugo, que perdeu 323 (ata os 5.217), e Ourense, que viu reducirse a cifra en 186 persoas, ata as 4.427.

Deste xeito, a Comunidade galega rexistraba, ao finalizar o ano pasado, 22.597 afiliados estranxeiros no Réxime Xeral; mentres que eran 5.015 no de Autónomos; 1.558 no Agrario; 1.530 no dos traballadores do Mar; e 1.059 no de empregados do fogar. De total, 19.695 persoas son homes e 15.064 son mulleres.

Por procedencia, un total de 13.927 estranxeiros son orixinarios de países da Unión Europea e, entre as provincias, a de Pontevedra é a que acolle a un maior número de afiliados, con 5.658; fronte aos 3.919 da Coruña; os 2.349 de Ourense e os 2.001 de Lugo.

Así mesmo, estaban dados de alta en decembro 20.832 estranxeiros procedentes de países non pertencentes á UE. Deles, 8.566 están na provincia da Coruña; 6.972 na de Pontevedra; 3.216 na de Lugo e 2.072 na de Ourense.

Deste xeito, Galicia sitúase como unha das comunidades con menor presenza de estranxeiros dados de alta na Seguridade Social e acumula o 2% do total de España, por diante de Navarra, Estremadura, A Rioxa, Asturias, Cantabria e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

SECTORES
Por sectores, no que os estranxeiros son máis numerosos é o da hostalería, con 5.375 afiliados no Réxime Xeral e 1.085 no de Autónomos. No comercio, reparación de vehículos de motor e bicicletas están empregados 3.330, ademais de 1.749 que son autónomos. Tamén destaca a construción, con 3.107 afiliados no Réxime Xeral e 542 autónomos.

Por procedencia, os máis numerosos de entre os que veñen de países da UE seguen sendo os portugueses (7.864), os romaneses (2.473) e os italianos (1.053). Entre os países de fóra da UE, Colombia achega 2.538 traballadores; Brasil, 2.316; Perú, 1.661; e Marrocos 1.585.

DATOS DE ESPAÑA
O Ministerio que dirixe Fátima Báñez destacou que os traballadores estranxeiros están soportando a crise con maior intensidade que os españois, pois mentres que a afiliación deste colectivo decreceu un 4,2% en 2011, a do conxunto do sistema da Seguridade Social alcanzou o -2%.

Por réximes, 1.084.633 dos estranxeiros inscritos no sistema cotizaban ao Réxime Xeral, 258.608 ao Agrario, 208.512 ao de Autónomos, 182.695 ao do Fogar, 3.871 ao do Mar e 603 ao do Carbón.

Dentro do Réxime Xeral, un total de 234.407 estranxeiros, o 21,61%, traballaba na hostalería, mentres que o 17,98% facíao no comercio (195.033 afiliados) e o 11,16%, nas actividades administrativas e servizos auxiliares (121.058 cotizantes).

MARROQUÍS E ROMANESES, Os MÁIS NUMEROSOS
Do conxunto de inmigrantes afiliados á Seguridade Social a peche do ano pasado, 1.096.616 procedían de países non comunitarios e 642.307 proviñan de países membros da UE.

Dentro dos países non comunitarios, 208.712 eran de nacionalidade marroquí e 128.300 de nacionalidade ecuatoriana. Colombia, con 91.811 traballadores, sitúase como terceiro país de procedencia de afiliados, por diante de China, que conta con 87.196 cotizantes.

O resto de afiliados non comunitarios repártense entre Bolivia (80.828), Perú (61.235), Arxentina (38.438), Ucraína (31.440), República Dominicana (29.617), e Paraguai (27.590), entre outros.

Pola súa banda, dos que proceden da UE-27, romaneses, italianos e búlgaros son os máis numerosos, con 276.741, 60.299 e 54.123 cotizantes, respectivamente. Séguenlles británicos e portugueses, con 50.925 e 46.775, e algo máis lonxe, os alemáns, con 37.532 afiliados.

CATALUÑA E MADRID CONCENTRAN O 43,5% DOS INMIGRANTES.
Por comunidades autónomas, Cataluña e Madrid seguiron concentrando algo máis de catro de cada dez estranxeiros afiliados á Seguridade Social ao peche de 2011, ao sumar entre ambas o 43,55% do total de inmigrantes ocupados. En concreto, Cataluña contaba con 382.713 estranxeiros cotizantes, mentres que en Madrid a cifra era de 374.523.

Tras estas dúas rexións situáronse Andalucía, con 211.888 afiliados estranxeiros; Comunidade Valenciana, con 192.480 ocupados; Murcia, con 82.812; Canarias, con 80.637; Castela-A Mancha, con 69.493; Aragón, con 58.925; Castela e León, con 56.485; Baleares, con 53.627, e País Vasco, con 52.625.

As comunidades con menor presenza de inmigrantes en alta á Seguridade Social ao finalizar o ano pasado foron Galicia, con 34.759 estranxeiros; Navarra, con 24.459; Estremadura, con 16.194; A Rioxa, con 15.413; Asturias, con 14.204; Cantabria, con 11.133, e as cidades autónomas de Melilla, con 4.158, e Ceuta, con 2.394.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas