GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A crise converte a España nun país de emigrantes

(17/01/2012)

A crise converte a España nun país de emigrantes

Os españois e estranxeiros que saen fóra xa superan en 50.000 aos que entran

MANUEL TRILLO / MADRID
Día 17/01/2012

Os anos, non tan afastados, en que a poboación española crecía por centos de miles grazas á inmigración quedaron atrás a causa da severa crise económica. Por primeira vez polo menos dende 2002, o número de españois e estranxeiros que abandonan o noso país superou o pasado ano os que chegan. En concreto, fóronse 507.740 persoas e chegaron 457.650, co que o saldo migratorio se situou en 50.090.

De acordo con datos dados a coñecer a onte polo Instituto Nacional de Estatística, os españois que o pasado ano tiveron que saír ao exterior a buscarse a vida alcanzaron os 62.611, mentres que os que regresaron á súa patria foron só 42.127, co que a cantidade neta negativa é de 20.484. En canto aos estranxeiros, saíron de España 445.129, mentres que os que arribaron foron 415.523.

Entre 2002 e 2007, o ritmo migratorio era dun saldo positivo anual de máis de 600.000 persoas, chegando mesmo o último deses anos aos 716.257. A partir de 2008, a diferenza entre inmigrantes e emigrantes empezou a recortarse, descendendo a 443.930, para diminuír en 2009 ata os 47.362, situarse en 2010 en 62.156 e chegar en 2011 aos citados números vermellos.

Vanse mais españolas
Para o catedrático de Socioloxía da Universidade Da coruña e experto da OCDE en Sistemas de Observación Permanente de Migracións Antonio Izquierdo, o máis notable non é a caída da inmigración, senón o aumento da emigración, sobre todo dos españois. «Era esperable que marchasen máis estranxeiros, pero non hai unha escorrentada. En cambio, ten aumento a saída de españois a máis de 62.000», sinala. Con todo, aínda que cada vez se van máis españois, de momento se resisten a irse. O ano próximo, vaticina, o dato «será máis negativo» porque «a crise é moi duradeira». E isto supón que España «perde capital humano, crecemento demográfico e poboación activa».

Afondando máis nos datos, Antonio Izquierdo destaca outro aspecto novidoso e preocupante: vanse máis mulleres que homes -32.300 fronte a 30.311-, e presumiblemente trátase de mulleres cualificadas. «E iso non pasaba en anos anteriores», laméntase. Este feito, se a crise persiste, «vai repercutir na fecundidade».

Pola contra, no caso dos estranxeiros, son máis os homes que emigran que as mulleres -265.325 fronte a 179.804-, neste caso porque elas «ocupan a zona baixa da pirámide laboral e resisten mellor a crise».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas