GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Medio século cantando e bailando

(28/12/2011)

Medio século cantando e bailando

 
 
Martes, 27.12.2011
  • O conxunto folclórico da Sociedad Parroquial de Vedra en Bos Aires festexa os seus 50 anos de vida.
 
 
  • Conxunto da Sociedad parroquial de Vedra, mutualidad y cultura de Buenos Aires 
  • Conxunto da Sociedad parroquial de Vedra, mutualidad y cultura de Buenos Aires
  • Conxunto da Sociedad parroquial de Vedra, mutualidad y cultura de Buenos Aires 
  • Conxunto da Sociedad parroquial de Vedra, mutualidad y cultura de Buenos Aires
    Conxunto da Sociedad parroquial de Vedra, mutualidad y cultura de Buenos Aires

O conxunto folclórico da Sociedade Parroquial de Vedra festexou os seus 50 anos de vida na súa casa de Jose Mármol 760. Dende os seus comezos dedicando cultura a Bos Aires, durante este tempo mantiveron os costumes onde naceron pais, avós e bisavós.

Hoxe en día o grupo está formado por nenas e nenos de 4 anos ata persoas adultas, todas e todos eles hoxe demóstrannos que a música e o baile son o motor dunha Sociedade Galega Centenaria na 5ª Provincia.

O espectáculo contou cunha retrospectiva da historia do conxunto, onde as cantareiras cantaron sobre unha gravación dos anos 60, Aldeas de Vedra e o grupo de música e danzas interpretaron bailes tales como O Espantallo, Serodes, Muiñeira dá Ría e Jotita. Todo isto utilizando os traxes que se usaron nas décadas pasadas en Bos Aires.

Despois, foi a quenda dos cantareiriños e a continuación o grupo de música. O conxunto interpretou Muiñeira de Anxeriz, ou Quer que lle quer, Muiñeira de Cances, Mazurca e Jota de Abadín e para finalizar Muiñeira de Piñeira do Caurel, que foi a delicia do público. Foi unha noite invadida de momentos moi emotivos.

O alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo foi nomeado Visitante Ilustre pola Lexislatura da C.A.B.A., participaron no evento representantes do goberno da cidade de Bos Aires, a deputada Lidia Saya e Amelia Alonso, membro da Xunta Comunal 14, que lle entregaron un diploma e medalla alegórica. O ex alcalde e actual concelleiro Odón Cobas Garcia, en nome do Concello, entregou unha plaqueta ao conxunto polos seus 50 anos. A Asociación Papaventos, a Asociación Raiolo e A Requinta da Laxeira de Vedra tamén enviaron un presente ao conxunto polo seu compromiso coa cultura nestes 50 anos e un castañeteiro (instrumento musical) obsequio do Alcalde Carlos Martínez Carrillo.

Realizouse unha merecida homenaxe a José María «Pepe» Fragoso, único integrante que estivo e está presente dende o inicio do conxunto, quen recibiu obsequios por parte do Concello de Vedra e da SPV. E como peche un grupo de ex integrantes sorprendeu bailando e logo sumáronse as e os actuais e as e os convidados que sabían a querida Muñeira de Cangas, baile dos comezos deste conxunto.

A Sociedade Parroquial de Vedra agradece a todas e todos os que fixeron posibles estes 50 anos do Conxunto e espera un ano 2012 con máis emocións xunto a todos os amigos, familiares e todas aquelas persoas que queiran vivir a cultura galega en Bos Aires.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas